InicioEconomíaA Xunta di que o cambio da Lei de Costas “pode poñer...

A Xunta di que o cambio da Lei de Costas “pode poñer en risco” a nova planta de Stolt Sea Farm en Cervo

A modificación da normativa no tocante á concesión de ocupación de espazos públicos en dominio público marítimo-terrestre "podería afectar" tamén á EDAR, avisa o Concello

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, alertaron este venres de que a modificación do regulamento da Lei de Costas prevista polo Goberno central “pode poñer en risco” a nova planta de produción de linguado que Stolt Sea Farm prevé abrir a finais de ano no polígoño de Cuíña, así como a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de San Cibrao.

Villares e Quintana visitaron o parque empresarial de Cuíña, onde se ubican tanto a EDAR como a planta piscícola de rodaballo da multinacional norueguesa para “exemplificar” que o cambio da normativa “pode afectar á seguridade xurídica e á viabilidade tanto de empresas como de servizos públicos que se atopan condicionados pola súa ocupación de dominio público marítimo-terrestre”.

A conselleira explicou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica pretende que o prazo concesional extraordinario establecido en 75 anos para as empresas cuxo permiso expirou en 2018 -como Ence– se contabilice desde o momento inicial da concesión, e non desde o ano no que foi tramitada a renovación da mesma.

Segundo a Xunta, a modificación do regulamento “xeraría dúbidas” sobre os prazos das concesións de ocupación do dominio público-marítimo terrestre, que se unirían ás provocadas “pola necesidade de revisar, caso a caso, se se compren os requisitos establecidos para o outorgamento da autorización”.

Quintana, con Balseiro e Villares no polígono de Cuíña. AXM

Quintana sostén que “esta proposta deixa na inseguridade ás instalacións e pode afectar á viabilidade das empresas, que teñen establecido os seus plans de traballo en función da duración das concesións. Recortar a súa duración ou modificar as súas condicións pode poñelas en risco”, argumenta.

CASE 5.000 EDIFICACIÓNS GALEGAS AFECTADAS

A conselleira precisou que a modificación da lexislación afectaría a 4.932 edificacións, das cales máis de 100 serían establecementos relacionados coa cadea mar-industria, coma depuradoras de moluscos, plantas acuícolas, cocedoiros ou conserveiras.

Ademais, entre as estruturas afectadas tamén se atoparían elementos de servizo público coma colexios ou centros de saúde.

No caso de Cervo, Villares e Quintana remarcaron que “dous bos exemplos desta posible afectación e achega de inseguridade xurídica” serían a depuradora e a planta de cultivos mariños de Stolt Sea Farm, que posúen áreas de vital importancia dentro do Dominio Público Marítimo-Terrestre, tales como os emisarios de saída ou captación de auga.

14,5 MILLÓNS E 75 EMPREGOS

Segundo a previsión de Stolt Sea Farm, a compañía escandinava prevé investir 14,5 millóns de euros para ampliar a produción en Cervo, o que suporía crear 75 novos postos de traballo entre directos e indirectos.

Villares lembra que “a localización da zona de bombeo e captación de auga salgada e a de evacuación da planta atópanse dentro da zona de Costas e sometida a concesión, cuestión que agora se ve sometida a unha grave inseguridade xurídica como consecuencia da proposta de modificación do sinalado regulamento”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...