Villares reclama “unha mobilización unánime” a favor dun marco enerxético estable para Alcoa

O rexedor de Cervo en funcións alerta de que "está en risco a competitividade" da empresa "na nosa zona"

Villares, segundo pola dereita, con outros cargos do PP na factoría de Alcoa. AXM

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, fixo o pasado venres un “chamamento urxente” á Mariña Lucense para mobilizarse “de xeito unánime” contra a “ameaza” que supón para a bisbarra que Alcoa “non conte cun marco enerxético estable e competitivo”.

Villares urxe aos mariñaos a “apremiar ao Goberno central de forma inmediata a que atope unha solución para dotar dun marco enerxético estable ao complexo industrial de San Cibrao”.

“SITUACIÓN LÍMITE”

O rexedor cervense asegura que a planta está “nunha situación límite” dado que “o custo enerxético supón o 40% do total nos seus custos de produción e a diferencia no prezo cos seus competidores electrointensivos en Europa sitúase nos 25 euros por MWh. Estas cantidades poñen en verdadeiro risco a competitividade da empresa na nosa zona”, argumentou.

Para o rexedor cervense “é fundamental mobilizarnos todos de xeito unánime, neste momento que xa remataron tanto as eleccións municipais como xerais, co único obxectivo de defender o noso, e conseguir que esta factoría siga existindo na Mariña durante moitos anos máis”.

O COMITÉ ANUNCIOU MOBILIZACIÓNS

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao anunciou mobilizacións ante a “a falta de garantías” do Executivo central respecto da aprobación do estatuto do consumidor electrointensivo, considerado pola multinacional como chave para “a viabilidade” da planta de aluminio do complexo industrial cervense.

Por agora, os representantes do persoal non concretaron datas nin lugares, aínda que recoñecen que traballan nunha convocatoria conxunta con outras industrias electrointensivas galegas –xa se xuntaran nunha manifestación en Santiago de Compostela– para dar forza ás reivindicacións. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here