InicioEconomíaO comité de empresa de Alcoa San Cibrao proporá mobilizacións aos traballadores

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao proporá mobilizacións aos traballadores

Os sindicatos toman a decisión ante "a pasividade manifesta das administracións" nun momento "crítico para o futuro da Mariña Lucense"

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao proporá un calendario de mobilizacións aos traballadores ante a “pasividade manifesta” das administracións nun momento “crítico para o futuro da Mariña Lucense“.

Ao longo dos últimos meses, mentres vendía as súas factorías de Avilés e A Coruña ao fondo suízo Parter, a multinacional norteamericana puxo en cuestión a fábrica de aluminio primario, a única de Españaque ve “inviable” sen un abaratamento da electricidade e na que aplicou un recorte produtivo do 11%, co peche de 32 cubas das 512 que ten o departamento de electrolise.

Os sindicatos acordarán a data para convocar a xuntanza co persoal nun pleno que celebrarán o vindeiro mércores 4 de setembro.

SEN DATA PARA A REUNIÓN COA MINISTRA DE INDUSTRIA

As centrais critican que o ministerio de Industria non lles concretase unha data para a reunión coa ministra, Reyes Maroto.

“Pese a que en conversacións telefónicas, o xefe do seu gabinete nos manifestou, xa fai máis de dez días, a intención de visitar a factoría durante a primeira quincena de setembro, a día de hoxe seguimos sen confirmación da mesma nin concreción da data”, explican os sindicatos.

SEN RESPOSTA DO PRESIDENTE DA XUNTA

Tamén se queixan da “non ter recibido contestación algunha” por parte de Xunta de Galicia tras solicitar unha entrevista co presidente Alberto Núñez Feijóo o pasado mércores 23 de agosto.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...