InicioEconomíaO comité de Alcoa pediralle a Feijóo "que non mire cara a...

O comité de Alcoa pediralle a Feijóo “que non mire cara a outro lado”

Os representantes dos traballadores agardan que a Xunta utilice os "resortes" dos que dispón para fixar un "prezo da enerxía competitivo"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, Xosé Paleo, confirmou que na reunión que manterán os representantes dos traballadores este xoves, día 5 de setembro, co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pediranlle ao xefe do executivo galego “que non mire cara a outro lado” ante a delicada situación na que se atopa a factoría.

En declaracións a EFE, Paleo recordou que é o Goberno central quen ten a obrigación de sacar adiante un estatuto que regule o funcionamento das empresas electrointensivas, porque “xa se comprometeu a aprobalo antes das eleccións xerais”, pero pasados varios meses aínda non hai noticias do mesmo.

PREZO DA ENERXÍA

Con todo, recordou que as empresas en Euskadi teñen “unha tarifa eléctrica propia“, máis competitiva, polo que confía en que a Xunta de Galicia teña os “resortes” necesarios para aplicar medidas que contribúan a fixar un prezo da enerxía competitivo, similar ao que hai en países como Francia ou Alemania, para as compañías electrointensivas que operan en Galicia.

“Imos pedirlle que faga todo o posible”, dixo Paleo, dentro das súas competencias, para aliviar a difícil situación na que se atopa o centro de traballo de Cervo, onde xa se concretaron “dous recortes de produción”, o primeiro “de baixa intensidade” e o segundo coa “parada de 32 cubas”.

“Esperamos que nos dea o seu apoio”, dixo Paleo, porque as conversacións coa Xunta de Galicia “son o primeiro paso” que vai dar o comité de empresa no que se refire ao diálogo coa Administración para tratar de buscar unha solución.

O 31% DO PIB LUCENSE

Na mesma liña, precisou que a de Cervo é “a única fábrica de produción básica” de aluminio que continúa funcionando no noso país e “que representa o 31% do Produto Interior Bruto (PIB) da provincia de Lugo“.

Trátase da maior empresa da provincia de Lugo, cun peso específico na economía da comarca da Mariña, onde dá emprego directo a un milleiro de persoas.

MÉRCORES, PLENO DO COMITÉ

O comité de empresa celebrará este mércores un pleno no que porá data á próxima asamblea de traballadores, na que proporán un calendario de mobilizacións.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...