O persoal de Reymogasa reclama a subrogación de 65 obreiros “nas mesmas condicións laborais”

Tras renunciar a auxiliar a renovar o contrato de mantemento mecánico no complexo de Alcoa, o comité dise "excluído" das conversas da sucesión empresarial

Protesta dos traballadores de Reymogasa. AXM

O persoal de Reymogasa iniciaron este luns un calendario de protestas despois de que a empresa renunciase “unilateralmente” ao seu contrato de mantemento mecánico no departamento de dixestión do complexo industrial de Alcoa, en San Cibrao.

Os obreiros da auxiliar marcharon de sete a oito da mañá desde os vestiarios da empresa ata a portería do complexo industrial cervense. Continuarán as protestas os días 30, mércores, e 31 de outubro.

A nova empresa que asuma as tarefas debe subrogar aos traballadores, pero o comité de Reymogasa reclama que se garanta os 65 postos dos traballadores afectados pola renuncia e tamén as mesmas condicións de traballo.

AVISADOS “SEN ANTELACIÓN”

Os representantes dos traballadores aseguran que foron “excluídos” das conversas para a subrogación dos afectados, e advertidos da situación “cunha escasa antelación”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here