InicioEconomíaMalestar no comité de Alcoa tras un novo Consello de Ministros sen...

Malestar no comité de Alcoa tras un novo Consello de Ministros sen novas do estatuto: “somos escépticos”

Os obreiros critican a actitude do Goberno, que "falta á súa palabra" e "nin colle ao teléfono", mentres o Executivo afirma que ten que revisar "xuridicamente" o documento

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, tacha de “tomadura de pelo” que o Goberno tampouco aprobase este venres o estatuto para as empresas electrointensivas, en “unha nova falta máis de cumprimento á súa palabra”.

“Eu xa non espero nada, somos moi escépticos cara aos cumprimentos deste Goberno”, critica Zan, despois de que o Consello de Ministros deste venres -nin tampouco o do pasado martes- dese luz verde a este estatuto que se considera como chave para o futuro de empresas que son grandes consumidoras de enerxía como Alcoa.

A continuación, Zan censura que o Goberno “nin se pon en contacto” cos traballadores, “nin sequera iso fan. Non nos dixeron nada, estivemos a chamar ao Ministerio e non nos colleron o teléfono”, reprocha.

Esta mesma semana o presidente de Alcoa España trasladou aos empregados que a compañía prevé perdas de máis de 80 millóns de euros en San Cibrao -entre as plantas de aluminio e de alúmina-, polo que o comité urxe medidas para evitar o peche.

“Teriamos que estar a falar do estatuto, estamos a falar doutro incumprimento, porque a ministra e o secretario de Industria seguen sendo os mesmos”, recriminou. E é que o presidente do comité lamenta que “despois dun ano co estatuto no caixón parece que agora teñen que revisalo xuridicamente para que sexa válido”.

A VINDEIRA SEMANA, CHAVE

Todo iso, mentres o próximo 23 de xaneiro celebrarase en Lugo a reunión de seguimento de Alcoa San Cibrao, na que participarán representantes das administracións, empresa e traballadores.

Un día antes, o 22, CC OO e UGT convocaron dúas concentracións, ante o Congreso dos Deputados e o Ministerio de Transición Ecolóxica, para reclamar un novo marco tarifario que garanta a produción de aluminio na Mariña Lucense.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...