InicioEconomíaEmpresas e sindicatos de auxiliares reclamarán ás Administracións que se aborde a...

Empresas e sindicatos de auxiliares reclamarán ás Administracións que se aborde a súa situación no ERE

Directivas e delegados sindicais acordan unha liña de traballo común para que no despedimento colectivo se trate a problemática específica das contratistas

Publicada o

- Advertisement -

Direccións e sindicatos de empresas auxiliares farán unha fronte común para solicitar reunións a Xunta de Galicia e Goberno de Estado reunións a fin de que se aborde a súa problemática específica no Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado por Alcoa na planta de aluminio de San Cibrao, un despedimento colectivo que suporía 534 despedimentos na factoría e outros 400 entre o persoal das contratistas.

O voceiro da coordinadora que aglutina a representación sindical na industria auxiliar de Alcoa San Cibrao, Quique Rocha, expuxo que “a preocupación é máxima” por parte das directivas das arredor de 30 contratistas que realizan tarefas nas plantas de alúmina e aluminio; ata dez firmas teñen o 100% dos seus contratos nesta última planta.

Participaron na reunión do pasado martes, previa á mesa multilateral polo futuro de Alcoa San Cibrao, “a gran maioría” das directivas das contratistas.

Rocha cualificou a xuntanza de “éxito” dado que se estableceu “unha liña común” de traballo, “entendida e compartida” tanto pola patronal como polos representantes dos traballadores. “Se non hai empresa non hai postos de traballo e o importante é garantir que se manteña a produción e o emprego pola nosa supervivencia”, resume.

O obxectivo pasa por “implicar ás Administracións” para que velen porque se poida escoitar a súa voz no proceso.

Así, solicitarase por escrito xuntanzas coa Xunta e Goberno central, “conxuntamente ou por separado”. Consideran que deben ser recibidos tanto por a Administración estatal como pola autonómica dado que a segunda “ten a competencia laboral e en materia de postos de traballo“, mentres que a primeira “ten moito que dicir sobre a viabilidade industrial e o prezo da enerxía para aluminio”.

ALCOA NÉGASE A RECOÑECELOS COMO AFECTADOS

A plataforma das auxiliares insiste en que os obreiros das auxiliares son os máis vulnerables pola situación orixinada, dado que non terán representación nas negociacións do ERE. De feito, na mesa multilateral do pasado sábado, Alcoa negouse a recoñecer como afectados aos obreiros das contratistas, malia que xa se suspenderon 45 empregos en Reymogasa e Cyrgasa ao renunciar a multinacional á reparar as cubas de electrólise que chegan á fin da súa vida útil.

Por agora, delegados sindicais e empresarios das auxiliares non teñen previsto iniciar protestas paralelas para visibilizar a súa situación ás organizadas polo comité de Alcoa San Cibrao, dado que “entendemos que son actos reivindicativos da continuidade da planta e nelas están reflectidas as nosas problemáticas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...