InicioEconomíaO BNG critica o voto en contra de PP e PSOE á...

O BNG critica o voto en contra de PP e PSOE á intervención para nacionalizar Alcoa se fracasa a venda

O deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego, remarca que "preservar o emprego" e "salvar unha comarca" precisa "só da vontade política das Administracións"

Publicada o

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) emitiu este venres un comunicado no que critica que “os deputados galegos do Partido Popular (PP) e do Partido Socialista (PSOE) votaron en contra da moción” presentada pola formación nacionalista para “dar solución á crise industrial da Galicia”, unha iniciativa na que se recollía unha petición de acordo para instar ás Administracións a, no caso de fracasar a negociación para a venda da planta de aluminio de Alcoa, “pola intervención pública para a súa nacionalización” de forma que se “garanta a continuidade da actividade e dos postos de traballo”.

O BNG advirte que de non se lograr un acordo para a venda de Alcoa, “a falta dunha alternativa como a intervención pública, provocará o peche da factoría o que suporá unha catástrofe económica e social para toda a comarca. Non entendemos como o Goberno español non aposta pola nacionalización da factoría, que xa no seu día foi pública e que nunca debeu ser privatizada, asegurando así os postos de traballo e o futuro económico do principal motor económico na Mariña”, salientou o deputado nacionalista, Néstor Rego.

Durante a súa intervención, Rego volveu lembrar que “nin o marco normativo galego, nin o do Estado, nin o da Unión Europea impiden a nacionalización de Alcoa”, e que polo tanto, “esta solución só precisa da vontade política das Administracións públicas, solución que permitiría preservar o emprego e salvar unha comarca enteira”, razoou.

CERCEDA E AS PONTES

O BNG conseguiu que o pleno do Congreso aprobase a proposta para garantir que a transición ecolóxica se faga con xustiza social prevendo investimentos e estabelecendo plans de substitución económica para a comarca das Pontes e o concello de Cerceda.

“Trátase de sentar as bases para concertar unha transición xusta que realmente supoñan a reactivación económica e a creación de postos de traballo que permitan recuperar o dinamismo destes dous concellos, posibilitando un futuro para os seus habitantes que non os aboque ao paro ou á emigración“, finaliza.

Rego destacou que “é imprescindíbel a posta en marcha de Plans de Transición Xusta para as centrais térmicas en Galicia”, así como a urxente articulación de compensacións e proxectos que palíen as consecuencias negativas no ámbito económico e social.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...