InicioEconomíaO BNG insta no Congreso a nacionalizar Alcoa se fracasan as negociacións...

O BNG insta no Congreso a nacionalizar Alcoa se fracasan as negociacións con Liberty House

Rego lembra que a normativa permite a intervención pública da planta, polo que reclama ás Administracións "vontade política" para garantir a produción e os postos de traballo

Publicada o

- Advertisement -

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, defendeu unha moción con medidas para atallar a “crise industrial” en Galicia. O deputado nacionalista explicou que non se trata dunha situación “conxuntural nin tampouco consecuencia da emerxencia sanitaria xerada pola Covid-19, senón que é fonda e duradeira e deriva da situación de dependencia política do noso país”, salientou, facendo fincapé no “espolio” que padece a comunidade, “especialmente no referente ao sector enerxético, e de políticas desacertadas e lesivas -por acción ou por omisión- dos Gobernos español e galego”.

O último e máis coñecido episodio na crise industrial galega é o anunciado peche da planta de aluminio de Alcoa en San Cibrao, “agora reconvertido, grazas á mobilización dos traballadores e traballadoras e á presión política e sindical, nun proceso de negociación para a venda da planta”, apuntou Rego, que lembrou que as negociacións teñen data de caducidade, o 28 de setembro. De non concretarse un traspaso antes desa data, a titular da planta e os sindicatos retomarán o período de consultas do despedimento colectivo presentado pola propietaria.

“NIN O MARCO NORMATIVO GALEGO, NIN O DO ESTADO NIN O EUROPEO IMPIDEN ACTUAR”

O BNG considera que a resposta das Administracións foi “lenta e morna” até que “as masivas mobilizacións populares na Mariña e a inminencia do desenlace obrigáronas a reaccionar”. A formación frontista indica que “para evitar a catástrofe económica e social que tería en toda a comarca este peche, se a negociación con Liberty House fracasa, o Goberno español “deberá estar disposto á intervención pública para a nacionalización da factoría”, asegurando así os postos de traballo e o futuro económico do principal motor da Mariña.

Rego volveu recalcar que “nin o marco normativo galego, nin o do Estado, nin o da Unión Europea impiden a nacionalización de Alcoa, polo tanto, esta solución só necesita da vontade política das Administracións públicas”, solución que permitiría preservar o emprego e salvar unha comarca enteira.

Os nacionalistas ven necesario que esta alternativa sexa contemplada tamén para a antiga Alcoa A Coruña, hoxe AluIbérica, para asegurar o seu futuro se os investidores privados non garanten a continuidade da actividade.

O BNG espera que o Goberno e todas as forzas políticas presentes no Congreso, se sumen ao compromiso de pór todos os medios para salvar a planta de aluminio de San Cibrao, incluída a intervención pública se fose necesaria. “É o que espera o BNG, mais sobre todo, é o que esperan os traballadores e traballadoras e toda a poboación da Mariña” subliñou Rego.

OUTROS SECTORES “EN CRISE”

O deputado nacionalista durante a súa intervención na moción criticou como os distintos gobernos españois -e tamén o galego de Núñez Feijóo– asistiron “impasibles” nos últimos anos a distintos capítulos desta “desoladora” historia, “provocando coa súa inacción e permisividade fronte aos grandes grupos de poder económico -especialmente no sector enerxético- que agravou unha crise industrial que vai desde Ferroatlántica na Costa da Morte, até os estaleiros de Barreras e Vulcano en Vigo, pasando polas térmicas das Pontes e Meirama, Isowat e a antiga factoría de Alcoa (Alu-Ibérica) na Coruña.

ESTATUTO DAS ELECTROINTENSIVAS E TARIFA ELÉCTRICA GALEGA

“É necesario pór en marcha solucións que dean estabilidade ao sector e ao conxunto da nosa industria, por iso defendemos, en primeiro lugar, estabelecer unha Tarifa Eléctrica Galega que permita rebaixar o custo da enerxía no noso país tendo en conta que Galicia é produtora excedentaria, que pagou e paga os gravosos custos sociais e ambientais, mais non se beneficia desa condición de país produtor”, explicou.

O BNG lembra que o Goberno español debe “cumprir xa o seu compromiso” –reiteradamente demorado– de aprobar un Estatuto do Consumidor electrointensivo que realmente supoña unha solución para o sector, é dicir, que garanta un prezo estábel, predicíbel e asumíbel.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...