InicioEconomíaAlcoa di "acatar" o fallo do TSXG, cuxo contido está "analizando"

Alcoa di “acatar” o fallo do TSXG, cuxo contido está “analizando”

A multinacional non se pronuncia polo de agora sobre un posible recurso de reposición nin concreta cantos obreiros precisa para manter activas as cubas

Publicada o

- Advertisement -

A multinacional Alcoa gardou silencio este mércores sobre o auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que estima en parte as medidas cautelares solicitadas polos sindicatos, impedindo á empresa iniciar a parada das cubas de electrólise. Si permite o fallo á compañía estadounidense comezar a aplicar despedimentos previstos dentro do expediente de regulación de emprego (ERE) presentado en aluminio -que suporía 524 despedimentos na fábrica e outros 400 na industria auxiliar-, sempre e cando non afecten á mencionada maquinaria.

Fontes de Alcoa consultadas polo Xornal da Mariña afirmaron que a multinacional “acata” a decisión do alto tribunal galego, cuxo auto “está analizando“. Deste xeito, a empresa non se pronuncia sobre un posible recurso de reposición.

Alcoa tampouco concreta cal é a cantidade de traballadores que precisa, dos 524 obreiros ameazados, para manter as cubas activas, nin se prevé efectuar despedimentos nas próximas semanas. Segundo os sindicatos, “o 90% do persoal” sería necesario para que non parase a maquinaria.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...