O comité de Alcoa insiste na oferta de desconvocar a folga se a empresa negocia co Goberno

Os traballadores non obtiveron contestación á súa proposta e só esperan que a multinacional "non siga pola vía xudicial". "Xa só faltaba que fosen ao Supremo e que levasen outro pau", din

O comité de empresa, nunha manifestación en Viveiro. EFE

Os traballadores de Alcoa San Cibrao insistiron na súa oferta de desconvocar a folga indefinida se a multinacional negocia co Goberno unha saída á situación, unha proposta que o persoal xa lanzou o pasado venres e á que aínda non tivo resposta.

O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, constataba que están “á espera” desa resposta á súa oferta. “Supoñemos que seguen valorándoo”, expresou. Con todo, Zan confía en que non se volva a “xudicializar” este proceso. “Esperemos que non sigan pola vía xudicial. Xa só faltaba que fosen ao (Tribunal) Supremo e que levasen outro pau”, advertiu.

OS EFECTOS DA FOLGA

Despois de máis de dous meses de folga, José Antonio Zan puntualizou que “a produción non se viu” apenas “rebaixada”, dado que “como se trata dun proceso continuo de produción de aluminio, hai que seguir facéndoo polas cubas electrolíticas. Se paramos si que estamos mortos“, indica.

O que se viu minorado é a “venda de material”, pois prodúcense unhas 18 toneladas de aluminio ao mes fronte ás 19 de antes do paro.  Así, permanecen amontoadas na factoría, que acumula xa máis de 100 toneladas “de aluminio puro”. “En total teremos cen millóns na planta”, calcula.

Eses cen millóns almacenados son “de aluminio puro”, deixando caer o presidente do comité de empresa “que se estivese acabado como produto habería máis pero como se está en folga só se fabrica aluminio para refundir”.

INVESTIGACIÓN DA AUDIENCIA NACIONAL

En canto ás supostas vendas “fraudulentas” das plantas de Avilés e A Coruña, agora baixo a investigación da Audiencia Nacional, Zan asegura que foron “moi estrañas” polo que “agora investíganse por fraude”. “Non podo contar nada máis porque non teño os pormenores desa denuncia”, resolveu.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here