InicioEconomíaO comité de Alcoa cre que o acordo sobre as condicións xerais...

O comité de Alcoa cre que o acordo sobre as condicións xerais de venda está “moi perfilado”

Trátase do primeiro paso dentro das negociacións entre a multinacional e a SEPI por Aluminio; unha vez levantada a folga, os traballadores notan que teñen "bastantes clientes"

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa de Alcoa, José Antonio Zan, asegurou hoxe que o ‘transit‘ ou “acordo xeral” sobre a venda da factoría de San Cibrao, no municipio de Cervo, está xa “moi perfilado”.

Neste sentido, o persoal atópase esperando “novidades” sobre este primeiro paso para que a empresa a “entregue á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI)“. A partir dese punto, considera, as negociacións “teñen que ser rápidas, xa que a outra vez quedáronse moi preto do acordo”, indicou.

Zan detallou que o ‘transit’ contén as liñas xerais do acordo final, e calculou que este “arranxo” podería pecharse “antes do mes de abril“.

Doutra banda, unha vez recuperada a actividade na planta da Mariña, despois de que o persoal en asemblea aceptase o levantamento da folga indefinida, Zan sinalou que empezan a notar que teñen “bastantes clientes“.

“De momento estamos traballando ao cento por cento, aínda que aínda que non é do todo ao cento por cento porque temos algunhas cubas baixadas e a intensidade baixada. Estamos igual que antes da folga, producindo máis material para o produto final para clientes”, especificou.

Así, contan con dúas liñas de produción para clientes “con valor engadido“, mentres que a que vai para refundir “actualmente non se está facendo”.

CASE UN ANO DE CONFLITO LABORAL

A crise de Alcoa na Mariña lucense atópase empezou na primavera de 2020, e supuxo multitude de mobilizacións por parte dos traballadores e reunións entre a multinacional e as distintas Administracións públicas.

Foi a xustiza a que parou recentemente a intención da compañía de despedir a máis de medio milleiro de empregados -unha medida que afectaría a outros 400 obreiros da industria auxiliar-, ademais de prohibirlle parar as cubas de electrólise.

Tras un acordo entre comité e empresa, foi suspendida a folga iniciada en outubro, e Alcoa comprometeuse a remitir á SEPI unha proposta para venderlle a factoría e que esta poida seguir operativa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...