Estudantes dos centros educativos da comarca Oscos-Eo protagonizaron este martes un pleno infantil no hemiciclo da Xunta Xeral do Principado de Asturias, en Oviedo.
Nunha actividade enmarcada dentro do Foro Comunicación y Escuela que impulsa o IES Elisa y Luis Villamil de Vegadeo, alumnado dos centros CRA Ría del Eo, CRA Oscos, CRA Occidente, Colegio Jovellanos, Colegio La Paloma e do propio centro impulsor exerceron por un día de deputados.
Os estudantes, de primaria e secundaria, sentaron nos escanos para propoñer medidas necesarias a aprobar no Parlamento asturiano. Os escolares presentaron así e debatiron as súas propostas, cun protocolo que seguiu os procedementos habituais nunha sesión plenaria.
RECEPCIÓN
Antes, o alumnado foi recibido polo presidente da Cámara, Pedro Sanjurjo. A décima edición do foro segue a proporcionar experiencias novidosas aos estudantes do Occidente de Asturias.