InicioM.ambiente e PatrimonioAs Catedrais contará "cun reforzo de seguridade" durante a Semana Santa

As Catedrais contará “cun reforzo de seguridade” durante a Semana Santa

A Xunta disporá persoal propio e dunha empresa privada nun período de gran afluencia turística ao monumento natural ribadense

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia disporá “dun reforzo de seguridade” na praia das Catedrais con persoal do Goberno galego e tamén dunha empresa privada durante a Semana Santa, segundo informou a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez.

Preguntada ao respecto trala sinatura dun convenio con tres concellos, entre eles o de Ribadeo, a titular de Medio Ambiente da Xunta chamou a atención sobre que esta “xoia natural” é o segundo monumento máis visitado de Galicia tras a Catedral de Santiago e sobre que “un dos picos” de visitantes que rexistra é, precisamente, a Semana Santa.

ACCIDENTE MORTAL NO 2018

Logo de que o desprendemento dunha rocha provocase unha vítima mortal xustamente nas pasadas vacacións de Semana Santa, a conselleira destacou que se disporá, a tenor do estudo técnico que encargou a Xunta, máis “cartelaría informativa” e “delimitacións” a través de “acordoados“.

POLÉMICA CO MINISTERIO

Vázquez referiuse a polémica polas competencias de seguridade no areal que xurdiu co Ministerio de Transición Ecolóxica o pasado 20 de marzo, logo dunha xuntanza para abordar as medidas a tomar nun período de gran impacto turístico no monumento natural.

A conselleira apelou ao “apoio” que se solicitou ao ministerio en función das súas “competencias” neste asunto, pero criticou que “non fixo” o que se lle pediu e engadiu a continuación que o Goberno galego “púxose a traballar aínda que non lle competa”.

COTA DIARIA DE 4.620 PERSOAS

No tocante á cota diaria de 4.620 persoas, imposta pola Administración autonómica, indicou que “non hai recomendación ningunha técnica para rebaixala“.

ADHESIÓN Á APLU

A Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Ribadeo rubricaron este venres a adhesión do municipio mariñao á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (Aplu). Tal e como recolle Galicia Confidencial, tamén o fixeron Bergondo e Noia, co que o 75% dos termos municipais galegos deixaron neste instrumento o control da disciplina en urbanismo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...