InicioM.ambiente e PatrimonioA Xunta nega "danos por unha queima controlada" nos petroglifos de Chao...

A Xunta nega “danos por unha queima controlada” nos petroglifos de Chao de Sinás, en Ourol

A directora xeral de Patrimonio sostivo que os indicios son dun "incendio fortuíto" que afectou a "parte superior do ben" pero non da "queima" denunciada por Mariña Patrimonio e Adega

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, María do Carmen Martínez, asegurou este venres que “non houbo destrución patrimonial na queima controlada” realizada por Medio Rural no xacemento de Chao de Sinás, en Ourol, e denunciada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) e Mariña Patrimonio (MP).

Nunha comparecencia na comisión cuarta de Educación e Cultura do Parlamento, Martínez sostivo que a “queima non afectou ao petroglifo”. Segundo explicou, tralas demandas presentadas polos dous colectivos, técnicos de Patrimonio, do Seprona e da Garda Civil inspeccionaron a zona e atoparon “indicios” de que “un incendio fortuíto” afectou a parte superior do ben, pero non a queima denunciada.

MAQUINARIA PESADA

A responsable de Patrimonio tamén negou que o xacemento resultase afectado polo paso de maquinaria pesada, tal e como recolle a demanda de Adega e Mariña Patrimonio que se refería ao deterioro causado “polo paso dun tractor con desbrozadora de cadeas para controlar o lume”. Martínez afirmou que ten “constancia fotográfica aportada polos técnicos e non se aprecian indicios do paso” desa maquinaria.

Detallou que “o límite máis achegado do roce está a dez metros ao sur” do devandito petroglifo. Engadiu que tampouco resultaron afectadas “as mámoas” que, dixo, están a unha maior distancia das “intervencións denunciadas”.

PREGUNTA DE EN MAREA

A deputada de En Marea, Ángeles Cuña, mantivo que a afirmación da directora xeral de que “non hai indicios de maquinaria pesada” contradi as informacións que eles teñen xa que, asegurou, “hai mámoas afectadas”.

Tamén apuntou que, aínda que esta sexa unha cuestión puntual, vén dun problema “global” que require a “protección do patrimonio”.

Cuña insistiu en preguntar “cantos e cales son os bens patrimoniales que sufriron algún dano durante a presente lexislatura pola actividade da maquinaria pesada ou o efecto das queimas”, pero non obtivo resposta.

XACEMENTO

MP e Adega exponen que, nesta zona arqueolóxica, a Xunta ten catalogadas trece laxes con petróglifos e dúas mámoas, unha das cales alberga o dolme da Arca de Sinás.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...