O PP veta unha iniciativa do Grupo Común da Esquerda para o estudo da sauna da Atalaia

A proposta incluía que se fixese un estudo do xacemento e que se consensuase co Concello de Cervo unha obra para a posta en valor desta "xoia patrimonial"

Sauna castrexa entre as tubaxes de saneamento. AXM

A deputada do Grupo Común da Esquerda Ánxeles Cuña presentou o pasado mércores na Comisión de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia unha iniciativa para que se estude e poña en valor a sauna da Idade de Ferro reaparecida en San Cibrao, que foi rexeitada polos votos en contra do Partido Popular (PP).

«Tiña que ser unha excelente nova a reaparición dunha sauna da Idade do Ferro, unha xoia arqueolóxica e a edificación mellor conservada do norte peninsular no concello de Cervo, baixo as ruínas de San Cibrao no Castro da Atalaia. Por lóxica, debera documentarse, escavarse, estudarse e poñer en valor. Non obstante, a Dirección Xeral de Patrimonio tapouna e permitiu que pasase por enriba unha máquina apisoadora, que puido ter causado danos no teito. Isto non se pode ententer, e só demostra desleixo e ignorancia», manifestou Cuña.

Cuña, durante a defensa da proposta. AXM

A proposta non de lei (PNL) presentada solicitaba que se fixese un estudo da sauna e que se consensuase co Concello de Cervo unha obra para a posta en valor deste elemento patrimonial. «Existe un conflito de intereses entre a protección e valorización do noso patrimonio e as escusas de índole económica de quen non está disposto a destinar vos recursos necesarios», apuntou a deputada. «Ante este achado de restos extraordinarios do que probablemente sexa a orixe dous nosos balnearios termais, que sería o lóxico, razoable e desexable: estudar, espallar e dimensionar, non ocultar», sentenciou Cuña.

“OCULTACIÓN”

«Non entendemos como os responsables máximos da conservación e xestión do noso patrimonio son tamén os responsables da súa indefensión, e neste caso podemos mesmo falar da sua ocultación», denunciou a deputada do Grupo Común da Esquerda.

A XUNTA ESCUDOUSE NOS MOTIVOS ECONÓMICOS

A Xunta de Galicia tapou o xacemento, sobre o que advertira durante anos Mariña Patrimonio, con dous argumentos fundamentais. O primeiro, a ubicación do xacemento, cinguido a varias casas na zona do Porto de Arriba. De feito, foi localizado na realización dunhas obras de saneamento. Por outra banda, argumentou que a situación económica de Patrimonio –que segundo adiantou o Xornal da Mariña deberá indemnizar con 1,7 millóns aos promotores dun bloque de vivendas na Atalaia– impídelle facer un investimento para esta anualidade.

A Consellería e o propio arqueólogo encargado da escavación, que asegurou que se requería dunha cata máis exhaustiva, discreparon sobre a posibilidade de retomar o estudo do xacemento. A Xunta non descartou facer unha cata máis adiante, o que o especialista ve inviable despois da reposición do firme.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here