InicioM.ambiente e PatrimonioAdega insta á Xunta a revisar de oficio a autorización ambiental a...

Adega insta á Xunta a revisar de oficio a autorización ambiental a Alcoa

Os ecoloxistas aseguran que o documento, aprobado en xuño, permitiu á multinacional "seguir superando os límites" de contaminación de fluor e partículas no complexo de San Cibrao

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A organización Adega (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia) instou á Xunta de Galicia a revisar a “Autorización Ambiental Integrada” aprobada en xuño deste ano que lle permitiu a Alcoa “seguir superando os límites de emisión de contaminantes ao medio no seu complexo de San Cibrao”, situado na comarca lucense da Mariña.

Adega solicítalle á Xunta de “revise de oficio a Autorización Ambiental Integrada pola que se permite a Alcoa superar aínda máis, de forma descarada e reincidente, os límites máximos de emisión de contaminantes e de vertidos ao medio”.

Segundo a organización ecologista, a “Xunta aceptou na súa integridade os argumentos de Alcoa e permitiu as excepcións solicitadas” pola compañía para “superar os límites de contaminantes para flúor e partículas” no “proceso de fabricación de ánodos”, para “aforrarlle” á empresa “custos de produción“.

“A Xunta deu por bo a chantaxe da empresa”, lamenta Adega, quen opina que a “escandalosa permisividade” con Alcoa “agravou a contaminación ambiental da Mariña”.

Por iso, engade, “ante o risco de que Alcoa insista en abandonar parte do seu negocio de aluminio na Mariña sen saldar a súa débeda ambiental”, tras recibir axudas públicas “por máis de 800 millóns de euros nos últimos dez anos”, a “Xunta debería deixar de choromicar e revisar de oficio” a autorización ambiental “recientemente concedida”.

“Está claro”, di Adega nun comunicado, no que acusa á multinacional dun comportamento depredador,  que “a Alcoa canto máis se lle concede, máis quere“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...