InicioMovementos SociaisCita o sábado en Ribadeo para a creación da Asociación Pro Maiores...

Cita o sábado en Ribadeo para a creación da Asociación Pro Maiores José María Rodríguez

A plataforma pola residencia, que iniciou os trámites para a constitución da agrupación, quere reunir aos familiares dos usuarios do xeriátrico e á veciñanza interesada no servizo

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma Pro Residencia de Maiores de Ribadeo convoca ás familias dos residentes no xeriátrico ribadense, así como á veciñanza interesada no servizo, a unha xuntanza que se celebrará o vindeiro sábado, 5 de outubro, no lavadoiro da rúa Fornos, “para unha primeira toma de contacto e participación na asociación”.

“Coa nova residencia a pleno rendemento unha vez pasados os meses iniciais, cremos que é o momento de poñernos en contacto coas familias e a xente interesada en que os nosos maiores teñan a mellor calidade de vida”, explica.

Inaugurado o centro de maiores o pasado 14 de xuño, o colectivo unido para reclamar a consecución do servizo aspira a crear unha Asociación Pro Maiores que leve o nove de José María Rodríguez, cofundador de O Tesón e unha das persoas que máis loitou polo xeriátrico ribadense.

A nova agrupación aspira á “procura dun mellor desenvolvemento vital dos maiores en Ribadeo” e “á optimización das circunstancias materiais e metodolóxicas para o coidado dos maiores” do municipio. Así, pretende exercer de “contrapeso social” a posibles eivas na xestión ou no servizo do xeriátrico, unha vez o seu funcionamento está consolidado.

“A sociedade enteira, todo Ribadeo, debera acoller como súa a misión que a residencia teña o mellor funcionamento posible“, espuxeron desde a plataforma nun comunicado.

39 USUARIOS

O pasado martes, o xeriátrico ribadense celebrou o Día do Maior, con menú especial e actividades de animación tanto en horario matinal como na quenda de tarde. O centro de maiores, froito dun convenio entre o Concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo, atende a 39 usuarios.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...