IniciosociedadeO BNG pide reforzar o centro de saúde de Viveiro, con "1.800...

O BNG pide reforzar o centro de saúde de Viveiro, con “1.800 doentes por médico” na quenda de tarde

Os nacionalistas aseguran que a cifra no ambulatorio supera en máis de 500 pacientes a media galega do Sergas

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro demanda ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) a cuarta praza médica para o centro de atención primaria.

Os nacionalistas sosteñen que a ratio de cartillas por profesional chega “aos 1.800 pacientes”, unha cifra moi superior a media galega recoñecida polo Sergas, de 1.282 persoas por facultativo.

RATIO DE PACIENTES

“Na quenda de tarde hai actualmente 4.714 cartillas, tres facultativos e dous cupos pechados”, denuncian desde o partido frontista, que tamén contrasta o dato coas recomendacións de colectivos profesionais como a Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria (Semergen).

O BNG defende a creación da cuarta praza médica para “evitar a sobrecarga asistencial” e sostén que a cota base debe ser de “1.250 pacientes” e non superar nunca os “1.500”.

“O deterioro da sanidade pública en Viveiro é o resultado da política de recortes, desmantelamento e privatizacións levadas a cabo pola Xunta presidida por Núñez Feijóo”, mantén o BNG.

OUTRAS DEMANDAS

A medida propónse nun catálogo de demandas que inclúe tamén mellorar os equipamentos no centro de saúde e suprimir as limitacións ás probas diagnósticas por parte do persoal de atención primaria.

A cobertura das ausencias e baixas dos profesionais dende o primeiro día e poñer en marcha un proceso de formación que se adapte ás necesidades reais do servizo son outras das peticións.

CRÍTICAS

As críticas pola sobrecarga dos profesionais no centro de saúde viveirense sucedéronse ao longo das últimas semanas. Para o martes 22, a plataforma Por una Atención Primaria Digna convocou unha protesta diante do ambulatorio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...