Os traballadores de Noguera Xove comezan a folga indefinida por un mellor convenio

Os obreiros concentráronse á entrada de Alcoa San Cibrao para pedir a equiparación laboral con respecto a outras empresas contratistas da planta de alúmina

Concentración dos obreiros de Noguera Xove. AXM

Os traballadores de Noguera Xove comezaron este luns a folga indefinida convocada para protestar polos seus salarios, un paro que decidiron por maioría absoluta.

Os obreiros aspiran a equiparar os seus soldos cos que se perciben noutras empresas contratistas da planta de alúmina de Alcoa.

Cunha pancarta na que se podía ler ‘Por un convenio digno‘, o persoal de Noguera Xove concentrouse ante as portas do complexo industrial da multinacional para formular as súas reivindicacións.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here