InicioEconomíaSindicatos e Cyrgasa pactan un Erte que afectará a doce obreiros durante...

Sindicatos e Cyrgasa pactan un Erte que afectará a doce obreiros durante un máximo de 150 días

É o segundo expediente que se aproba en auxiliares de Alcoa, despois de que a multinacional renunciase ao cambio de cubas; en Reymogasa suspenderanse 33 contratos

Publicada o

- Advertisement -

Sindicatos e dirección de Cyrgasa asinaron este venres un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (Erte) que afectará a doce traballadores da auxiliar de Alcoa durante un período máximo de 150 días por empregado, con data límite de aplicación do 31 de decembro de 2020.

Así o anunciou o comité de empresa, que concretou que a asemblea de traballadores decidiu por unanimidade dar luz verde á proposta da empresa, que se compromete a aboar o 50% da bolsa de vacacións e o 50% das pagas extraordinarias correspondentes aos días de aplicación efectiva da suspensión.

O preaviso de incorporación será con 48 horas de antelación. A compensación no caso de os contratos se extingan por causa obxectiva en 2021 será de que 33 euros netos por cada día de permanencia en situación legal de desemprego durante a aplicación do Erte.

Ademais, establécese unha comisión de seguimiento para que se cumpran todas as condicións deste acordo.

PREOCUPACIÓN POR OUTROS POSIBLES RECORTES DE TAREFAS

Trátase do segundo Erte que se aproba en auxiliares de Alcoa despois de renunciar a multinacional ás tarefas de reparación das cubas de electrolise. En Reymogasa, a suspensión dos contratos afectou a 33 de 75 obreiros.

O presidente do comité de empresa de Cyrgasa, Diego Fernández, concreta que a afectación é menor nesta auxiliar –doce de 96 empregados-, pero medran as dúbidas sobre o futuro. “Os nosos contratos son 100% con Alcoa e estamos á expectativa do que ocorra coas tarefas de mantemento en obra civil ou montaxe de andamios, que de haber recortes tamén os podemos notar”, lamenta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...