IniciosociedadeTres praias de Barreiros acadan a bandeira azul, que obteñen 18 areais...

Tres praias de Barreiros acadan a bandeira azul, que obteñen 18 areais da Mariña, catro máis ca no 2019

O Portelo, en Burela, recupera o distintivo de calidade tras perdelo na anterior edición; a Ruta das Praias de Foz obtén galardón no apartado de sendeiros

Publicada o

- Advertisement -

Un total de 18 praias da Mariña Lucense foron distinguidas coa bandeira azul pola Asociación De Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac), a organización que recoñece deste xeito os espazos naturais a partir de analizar a información, a calidade da auga, a xestión e educación medioambiental e a seguridade e os servizos que ofrecen. Son catro distintivos de calidade máis dos acadados na bisbarra o pasado ano, constituíndo a principal novidade a concesión da distinción a tres areais de Barreiros, toda vez que o Concello mudou a política do anterior goberno municipal de non solicitar os galardóns.

FOZ SEGUE Á CABEZA CON CINCO GALARDÓNS

Acantilado-Remior, Coto e Fontela-Valea son as praias de Barreiros que obtiveron o recoñecemento. Foz segue a ser o municipio da Mariña con máis distintivos, con cinco; mantén a bandeira azul en A Rapadoira, Areoura, As PolasLlasPeizás. Burela conserva tamén o título para A Marosa e Ril e recupérao para Portelo.

Listado de bandeiras azuis para A Mariña. AXM

O VicedoAbrela e Xilloi– e RibadeoAs Catedrais e Os Castros-Illas– contarán con dous distintivos. A bandeira azul ondeará no Torno, en San Cibrao (Cervo), Esteiro (Xove) e Area (Viveiro). Deste xeito, todos os municipios costeiros da bisbarra logran algún galardón.

DISPOÑER DE SOCORRISTAS, CHAVE PARA MANTELAS NUN VERÁN MARCADO POLA COVID-19

A capacidade para manter as bandeiras azuis nas praias dependerá, entre outros factores, dos medios humanos cos que dispoñan os Concellos para vixialas. Á espera de que a Xunta de Galicia concrete os socorristas que financiará a cada municipio, cabe lembrar que o pasado verán varios gobernos locais da Mariña decidiron renunciar ao distintivo ao non contar con suficientes traballadores. A escaseza de persoal pode agravarse nos vindeiros meses, dadas as medidas de seguridade e distanciamento interpersoal que é necesario garantir por mor do coronavirus.

O anterior goberno de Barreiros, liderado polo popular Alfonso Fuente Parga, mesmo renunciara a presentar a solicitude de bandeiras azuis desde que as perdeu en 2016, en plena tempada alta, por falta de persoal.

PORTOS DEPORTIVOS E CENTROS AZUIS

No tocante aos portos deportivos, o único da comarca coa distinción segue a ser o Real Club Náutico de Ribadeo.

Tampouco hai novidades no tocante aos centros azuis: foron recoñecidos, ao igual ca no 2019, o Barco Museo Reina del Carmen e o centro de educación ambiental Gaia, en Burela, e a carpintería de ribeira Asteleiros Fra, en San Cibrao.

SENDEIROS AZUIS

Adeac distingue cinco sendeiros azuis na Mariña. A principal novidade é o galardón para o Paseo Ruta das Praias de Foz, que se suma aos recoñecementos obtidos.

Sendeiros azuis. AXM

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...