IniciosociedadeA Xunta admite "trasmisión oculta" do coronavirus da Mariña ao non poder...

A Xunta admite “trasmisión oculta” do coronavirus da Mariña ao non poder relacionar todos os casos

O Sergas recoñece a existencia de "positivos que non poden asociarse" aos documentados no brote e afirma que de relaxar as medidas habería "risco de repunta"

Publicada o

- Advertisement -
A Consellería de Sanidade decidiu este mércores levantar as restricións de mobilidade na maior parte da Mariña lucense, coa excepción do concello de Burela, que permanece pechado, aínda que mantén as medidas de prevención especiais implantadas en toda a área para frear o brote de coronavirus detectado a finais do mes de xuño.

Faino “a pesar dos datos positivos dos últimos días”, cunha diminución progresiva dos casos activos, tendo en conta que “segue habendo unha importante prevalencia da infección” na zona. Ademais, recoñece a existencia de “casos que non poden asociarse ao resto dos casos coñecidos“, co que “existe o risco de que haxa un certo nivel de transmisión oculta e de que, de reducir as medidas, repunte o brote”.

Así o recolle o decreto publicado na tarde deste mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no que se especifica a modificación da limitación de mobilidade na zona, que a partir desta medianoite quedará cinguida ao municipio de Burela, onde se concentran a maioría dos casos, 116 de 151.

Con todo, a orde si mantén o resto de medidas implantadas na zona, como a limitación de grupos, aforamentos ou horas de apertura de locais, co obxectivo de continuar contendo o brote.

EXCEPCIÓNS

En canto á mobilidade, desde a medianoite queda permitida a circulación entre todos os municipios da Mariña, e fóra deles, con excepción do de Burela, onde se limita a entrada e saída de persoas a excepcións xustificadas. Son as seguintes:

1º) Desprazamento ao lugar de traballo para efectuar a prestación laboral, profesional ou empresarial, incluídos o transporte, a prestación de servizos, o comercio e as actividades empresariais e económicas.

2º) Retorno ao lugar de residencia habitual.

3º) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

4º) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

5º) Por desprazamentos ao Hospital Público da Mariña ou desde o Hospital da Mariña ou, do mesmo modo, aos puntos de atención continuada de acordo coa asignación correspondente.

6º) Calquera outra actividade de análoga natureza.

Estas limitacións non afectarán a vías que pasen por este municipio a condición de que se teña orixe e destino fóra de Burela.

AVALIARASE LEVANTAR AS MEDIDAS “NUN MÁXIMO DE SETE DÍAS”

No interior do concello, poderá circularse “sen limitacións“, excepto os casos positivos ou os seus contactos estreitos. No entanto, Sanidade recomenda á poboación “limitar a mobilidade aos casos imprescindibles” mentres se manteña a actual situación. As medidas, recolle o decreto, avaliaranse en función da evolución nun período non superior a sete días.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...