InicioCulturaOs seguidores reivindican á galega de OT co cancelo #SabelaFavorita

Os seguidores reivindican á galega de OT co cancelo #SabelaFavorita

Os seareiros critican que a vocalista de orixe ourolesa teña que cantar unha e outra vez cancións afastadas do seu estilo

Publicada o

- Advertisement -

Os seguidores de Sabela Ramil, a concursante pontesa de Operación Triunfo con raíces en Bravos, axitaron Twitter este luns co cancelo #SabelaFavorita, que desde as sete da tarde protagonizou ducias de mensaxes.

O público quixo reivindicar á única cantante galega do programa. Segundo os seareiros, a vocalista de orixe ourolesa está a ser tratada inxustamente ao encomendarlle a dirección do concurso unha e outra vez cancións que non se adaptan ao seu estilo intimista.

Mesmo a súa profesora de canto, Rosa Cedrón, saíu na súa defensa.

Sabela debeu interpretar na gala 4 o rockEstrella Polar‘, de Pereza, e na gala 1 o reguetónÉchame la culpa‘, de Luis Fonsi e Demi Lovato. Con ámbalas dúas pezas foi nominada polo xurado.

Trala nominación da gala 1, Sabela foi salvada polo público á semana seguinte, logo de cantar ‘Benditas Feridas‘. Na gala 4, foi rescatada polos seus compañeiros, respectivamente.

Sen embargo, coa súa versión de Rosa Cedrón ou de ‘Como quieres que te quiera‘, de Rosario Flores, non tivo problemas para manter o seu posto na academia.

O MÉRCORES, GALA 5

Este mércores (TVE 1, 22.30 horas), a vocalista das Pontes interpretará de novo unha canción afastada ao seu rexistro. Será ‘Volar‘, de Macaco, que a vocalista interpretará con Damion.

Por iso, os tuiteiros quixeron contribuír a conservar a posición da cantante galega co cancelo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...