Pleno extraordinario sobre a residencia de Ribadeo, que conta con subministración de gas

O goberno local explicará a situación do xeriátrico na sesión solicitada polo Partido Popular

Inauguración da residencia de Ribadeo. AXM

O Concello de Ribadeo celebrará este martes duas sesións plenarias. Ás 19:30 horas, terá lugar a convocatoria extraordinaria solicitada polo Partido Popular para abordar o funcionamento da residencia, inaugurada o pasado 14 de xuño.

Os conservadores anunciaron que preguntarán ao goberno local polo servizo de gas do centro, que abriu sen concluír a tramitación da alta na subministración, condicionando a actividade na cociña e na lavandería, e tamén polo ratio de traballadoras por residente.

O alcalde, Fernando Suárez Barcia, adiantou que no referente ao gas “o problema quedou solucionado hai xa moitos días” e remitiu ás explicacións que dará no pleno en relación co número de persoas que atenden o xeriátrico, fixado no contrato de prestación de servizos adxudicado a Clece pola Deputación de Lugo.

MODIFICACIÓNS DE CRÉDITO

Ás 20:30 horas, celebrarase outro pleno extraordinario con varias cuestións sobre a mesa. Así, aprobaranse modificacións de crédito para levar a cabo actuacións de mellora na casa da cultura, que pacede humidades, e obras en camiños rurais de Covelas e da Devesa.

PEPE BARRERA

Ademais, formalizarase o ingreso de 140.000 euros que a Deputación de Lugo achegou para a remodelación do campo de fútbol Pepe Barrera, valorada en 421.000. O executivo local que investiu outros 140.000 na reforma, lamentou que a Xunta de Galicia aínda non fixese efectivo da axuda comprometida, de 46.000 euros.

FESTIVOS

Tamén se fixarán o 8 de setembro, día grande das patronais da honra de Santa María do Campo, e o 25 de febreiro, martes de Entroido, como festivos locais para 2020.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here