InicioOrientalRibadeoRibadeo lembra que tirar lixo supón sancións de 30 a 90 euros

Ribadeo lembra que tirar lixo supón sancións de 30 a 90 euros

A Concellería de Medio Ambiente inicia esta fin de semana unha campaña de sensibilización coa pegada de carteis e pegatinas que advirten da prohibición de tirar os refugallos ao chan

Publicada o

- Advertisement -

A Concellería de Medio Ambiente de Ribadeo inicia unha campaña de concienciación que pretende evitar que as citas festivas da fin de semana acaben con “lixo en calquera lugar”.

Carteis e pegatinas coa mensaxe “prohibido tirar o lixo” apelarán ao civismo de veciñanza e visitantes en Rinlo e no monte de Santa Cruz, onde se celebrarán a Festa do Percebe e a Xira.

A sinalética remarca unha obriga que recolle a ordenanza municipal de medio ambiente, como sinalou na presentación da iniciativa o edil Jorge Díaz.

“Será a Policía Local a que vele polo cumprimento da normativa. Primeiro farao informando, pero chegado o caso impoñerán as sancións correspondentes, que poden ir dos 30 aos 90 euros”, advertiu o concelleiro.

A campaña extenderase nos vindeiros días “ao resto do municipio” para sensibilizar a ribadenses e turistas.

Elena Sierra no paseo das Catedrais. AXM

O PP PIDE MELLORAS NAS CATEDRAIS

A concellería de Medio Ambiente recibiu este mércores críticas do Partido Popular. A edil Elena Sierra acusou ao departamento de desatender o mantemento da contorna da praia das Catedrais.

A representante da oposición lamentou “as malas condicións” da pasarela de madeira do paseo que, dixo, “supón un risco para os usuarios” e das zonas de aparcamento, “sen rozar”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...