IniciosociedadeXabier Díaz e Adufeiras de Salitre animarán a Xira de Santa Cruz

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre animarán a Xira de Santa Cruz

A ex edil de turismo Ana Martínez abrirá o sábado co pregón unha nova edición da romaría, que o domingo reunirá a milleiros de amantes da música tradicional

Publicada o

- Advertisement -

A asociación Amigos da Gaita presentou este martes unha nova edición do Día da Gaita e Romaría de Santa Cruz, festa declarada de Interese Turístico Galego. A actuación de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre animará o evento coñecido popularmente como “a Xira”, que se celebrará o vindeiro domingo.

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, e o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, asistiron á presentación da cita, cuxo programa comezará o sábado.

O SÁBADO, PREGÓN E MOSTRA FOLCLÓRICA

Na xornada da véspera da romaría, os pasarrúas -a partir das 19,30 horas-servirán de preludio do pregón que, a partir das 20.00 horas, correrá a cargo da ex edil de turismo Ana María Martínez Fernández. De seguido será a quenda da actuación das escolas da asociación, que ofrecen unha completa mostra folclórica.

O domingo, desde primeiras horas da mañá, grupos tradicionais encherán a vila co son das gaitas e ao mediodía celébrase unha nova mostra folclórica no Cantón dos Moreno, cos grupos Xirifeiros de Carril e Atrevidos da Barcala para, de seguido iniciar a subida ao monte de Santa Cruz para a celebración da romaría, cos tradicionais xantares campestres.

Presentación da Xira. AXM

A media tarde, entorno ás 19.00 horas, terá lugar a ofrenda floral ante o Monumento ao Gaiteiro, que dá paso aos concertos de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e de Pelepau, que adapta temas de tradición galega a distintos instrumentos de percusión.

DÉCADAS DE TRADICIÓN

Este evento folclórico e gastronómico celébrase desde 1965 no monte de Santa Cruz, un lugar que acolle a incomparable atalaia desde a que se divisa toda a bisbarra, aínda que semella que a festa ten orixe nos anos 40.

O ALCALDE PIDE CIVISMO

O alcalde de Ribadeo pediu, a través dun comunicado de prensa, “civismo” aos asistentes á Xira, reiterando a prohibición de dispoñer plásticos e mobles, que serán considerados “residuos” na contorna da festa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...