O alcalde de Meira, Antonio de Dios (PSOE), acompañado do seu homólogo de Riotorto, Clemente Iglesias (PP), apoiaron a candidatura do poeta, xornalista e activista cultural Avelino Díaz ao Día das Letras Galegas 2019.
36 COLECTIVOS
O salón de plenos do Concello de Meira acolleu a presentación da candidatura, solicitada na sede da Real Academia Galega (RAG) pola Asociación Cultural Avelino Díaz, que agrupa a 36 colectivos e entidades. A agrupación quere reivindicar a figura do poeta, nacido na Órrea (Riotorto) e criado en Meira.
MÁIS DE 2.400 APOIOS
Ademais dos representantes políticos, 2.421 veciños dos dous concellos e doutros municipios da Mariña e A Terra Chá aprobaron o proxecto nunha recollida de sinaturas.