Candia abre as portas do PP a Fuente Parga e anuncia unha reunión “para coñecer as súas intencións”

A presidenta do PP provincial "proclama" a súa "ledicia" pola absolución do rexedor, dos cinco edís e da arquitecta municipal de prevaricación urbanística

Elena Candia. ÓSCAR BERNÁRDEZ

EFE. A presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, expresou a súa “ledicia” pola absolución do alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, e dos demais acusados no proceso aberto por supostas irregularidades na concesión de licenzas de obra nese municipio, ademais de lembrar que o rexedor ten “abertas” as portas da formación política na que militaba.

O rexedor abandonou a militancia no PP no 2015, cando se abriu xuízo oral contra el, para que o partido conservador resultase danado polo proceso xudicial, pero Candia afirmou que agora, coa sentenza absolutoria na man, ten “as portas abertas” para regresar.

A sentenza saíu onte (polo pasado luns) e, neste intre, non procede maior comentario que proclamar a miña ledicia”, expón Candia.

Que unha sentenza declare a inocencia dun político é un motivo de ledicia, pero se ademais afecta aos membros do meu partido, á familia do Partido Popular, o motivo de alegría é dobre”, concluíu.

XUNTANZA

Con todo, Candia confirmou a Cope Lugo que “nos próximos días” manterá unha xuntanza con Fuente Parga para coñecer as súas intencións e “falar con máis tranquilidade”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here