O médico do Hospital Francisco Pintado será o número 2 de Ciudadanos ao Congreso por Lugo

É o actual xefe do servizo de Anestesioloxía, Reanimación e Tratamento da dor do centro

Francisco Pintado. AXM

Francisco Pintado Otero, actual xefe do servizo de Anestesioloxía, Reanimación e Tratamento da dor do Hospital Público da Mariña, ocupará o posto número 2 da candidatura de Ciudadanos ao Congreso dos Deputados por Lugo.

O médico madrileño, de 61 anos, exerce no complexo hospitalario de Burela desde 1987. Coa incorporación de Pintado, Ciudadanos aposta por “sumar” a “persoas de recoñecido prestixio profesional procedentes da sociedade civil e cunha vida á marxe da política”.

PRIMEIRO DA LISTAXE

José Manuel Blanco López, enxeñeiro de montes do Estado e actual xefe provincial da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil en Lugo, encabezará a candidatura de Ciudadanos á Cámara Baixa.

A Blanco e Pintado seguiranos Paula María Varela Núñez e Marco Candal Quiroga.

EN MAREA

Pola súa banda, En Marea presentou este luns nunha rolda de prensa sobre Alcoa ao xovense Javier Arca como número 2 da súa listaxe ao Congreso. Arca é traballador do complexo industrial da multinacional do aluminio en Cervo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here