PSOE de Alfoz e BNG de Foz mostran os seus equipos para as municipais

Aránzazu Incera substituirá a Carmen Hermida Vizoso, que irá como suplente, no segundo posto da candidatura dos socialistas alfocegos

Presentación da candidatura socialista en Alfoz. AXM

O PSOE de Alfoz e o BNG de Foz presentaron este venres as súas candidaturas para as eleccións municipais de maio.

Os socialistas deron a coñecer case por completo a súa listaxe electoral, xa que só adiantaran que o alcalde, Jorge Val, encabezará a candidatura.

A gran novidade dos socialistas de Alfoz está no número 2, con Ana Aránzazu Incera Ares, de profesión técnica de saúde ambiental, que substituirá a Carmen Hermida Vizoso, edil de educación e xuventude, que dá un paso atrás para ir como suplente da listaxe. 

No posto 3 repite Cándido Paleo Rejes, edil de medio ambiente e medio rural no goberno bipartito con Veciños Independentes de Alfoz (VIA). A número 4 será María Luisa Goás, outra novidade, mentres que o posto 5 é para outra cara nova, César Marrube Novo

Ana Belén Díaz González, Alejandro Carballeira Pedreira, Sonia Expósito Goás e Elías Pardeiro Cayón, número 5 da listaxe de 2015, completan a candidatura. Os suplentes serán Justo Juan Maseda Paz, (6 nos anteriores comicios), a propia Hermida Vizoso, José Ramón Vizoso Goás, Carlos Sanjurjo Lorenzo e Ramón Rubal Fernández.

PRESUME DE CIFRAS ECONÓMICAS

Nun acto que contou coa presenza do secretario xeral do PSOE na provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, do candidato ao Senado, César Mogo, e da candidata ao Congreso, Sonsoles López, os socialistas resaltaron que “cando chegamos á alcaldía a débeda municipal que nos deixou a nefasta xestión do PP superaba os 600.000 euros. Hoxe, podemos afirmar que eliminamos a débeda dos veciños e que aprobaos os orzamentos máis altos da historia do municipio“, expuxo Val.

No tocante á candidatura, Val apuntou que “contamos con torneiros, canteiros, profesores, empresarios, mecánicos, estudantes ou xubilados. Todos eles viven en Alfoz e teñen as súas vidas aquí, comprometidos co municipio e non como outros candidatos que só pasan polo goberno local para vir traballar”, apuntou o candidato socialista.

BNG DE FOZ

Menos cartas tiña por mostrar o BNG de Foz, que semanas atrás anunciou candidato, o traballador de Alcoa Francisco Javier Fanego.

Os nacionalistas focegos tamén desvelaran os ocupantes dos restantes seis primeiros postos, nos que sobresaen Gema Méndez Leivas, analista de laboratorio de Alcoa, no número 2, e Iago Villamil, médico do Hospital Público da Mariña, no 3. Sara Veiga concorrerá no 4, Benito García no 5 e Zoraida Coira no 6, no que significa unha renovación case completa das seis primeiras prazas, nas que só se mantén García.

Candidatura do BNG de Foz. AXM

David García “Chamaco” cae do cuarto ao sétimo posto. Rebeca Pérez, Simeón Neira, Elvira Arias, Tono Neira, Rosa Calvo, Antón Ponce, Inés Paz, Santiago Fernández e Moncho Pena ocuparán as prazas da oitava á décimo sexta.

AS EDÍS DEIXAN A PRIMEIRA LIÑA

Na décimo sétima aparece a candidata do Bloque en 2015, Lorena Seivane, e na 18 a súa compañeira na corporación municipal en representación dos nacionalistas durante a lexislatura que está a piques de rematar, Teresa RegoAtilano FernándezPilar Rei, Xosé Ramón Veiga e Guadalupe Ramos completan a candidatura, presentada este venres nos xardíns de Conde Fontao. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here