O PP de Ribadeo ficha á médica Elisa Rodríguez e a Marta Saiz, ex de Ciudadanos

A facultativa será a número 2 e a candidata do partido laranxa en 2015 irá na sexta praza da lista conservadora

Candidatura do PP ribadense. AXM

O Partido Popular (PP) de Ribadeo presentou este domingo a súa candidatura, que encabezará Daniel Vega. A lista dos conservadores inclúe como número 2 á medica Elisa Rodríguez e integra á concelleira non adscrita Marta Saiz, que foi candidata á alcaldía ribadense por Ciudadanos en 2015.

Tamén integra a lista do PP ribadense María José Duarte, Sesé, filla do finado José Duarte, que fora concelleiro da formación popular.

A candidatura está por formada polas seguintes persoas, por esta orde: Daniel Vega Pérez, Elisa Rodríguez Sanjurjo, Begoña Sanjurjo Santar, Elena Sierra Pulpeiro, Inocencio Rodríguez González, Marta Saiz García, Justo Pedro Suárez Conde, Montserrat Seijo Díaz, María José Duarte Fanjul, Jesús Ángel González García, Ana Docobo Fernández, Manuel Silveira Valledor e Lorenzo García Eiras.

Como suplentes figuran María Ángeles López Vior, Eulogio López Díaz e Pedro Muruais Fernández.

Vega salientou que todos os membros da candidatura son ribadenses que están censados neste municipio.

VEGA PROMETE NON OCUPAR MÁIS CARGOS

O alcaldable do PP en Ribadeo destacou que encabeza “a mellor lista das que se presentan no municipio” e remarcou que conta con “representación da sanidade, do ensino, do deporte, da administración, do comercio, da hostalería e do rural compaxinando xuventude e experiencia. Ademais anunciou que, de chegar á alcaldía, non ocupará ningún outro cargo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here