O BNG de Barreiros reunirase co PSOE o luns para buscar o seu apoio na investidura

A líder dos nacionalistas barreirenses, Ana Ermida, asegura que se compromete a gobernar "con transparencia" e espera que os socialistas "estean á altura"

Ana Ermida será investida alcaldesa de Barreiros este sábado. AXM

O Bloque Nacionalista Galego da localidade luguesa de Barreiros anunciou que o vindeiro luns manterá “unha primeira toma de contacto” con representantes do PSOE, aos que exporán “o seu proxecto de goberno” para o próximos catro anos.

Na reunión, fixada para as 17.00 horas do próximo luns, a candidata nacionalista á alcaldía, Ana Ermida, encabezará a comitiva do BNG, composta por outro tres persoas.

O Bloque resultou a lista máis votada nas eleccións do pasado 26 de maio. Con todo, nacionalistas e populares están empatados a cinco edís, polo que a única acta obtida polo Partido Socialista será clave para a sesión de investidura ao estar situada a maioría da corporación en seis concelleiros.

“Non temos que andar ás agachadas. Os veciños e veciñas decidiron que o BNG gobernase e comprometémonos a facelo con transparencia. Se para poder gobernar temos que falar con alguén, tamén o imos a facer con transparencia“, sinala o comunicado, no que apela a que o PSOE estea “á altura” da situación aberta en Barreiros tras a perda da maioría absoluta por parte do PP.

PP E PSOE XA SE REUNIRON

Nos últimos días, o alcalde en funcións e candidato do PP, Alfonso Fuente Parga, admitiu contactos coa líder socialista, Carmen Veiga.

“COMPROMISO” A PROL DE “GOBERNOS PROGRESISTAS”

Este mesmo sábado, a líder nacional do BNG, Ana Pontón, tamén pedía “responsabilidade” ao PSdeG “para garantir gobernos municipais alternativos” ao Partido Popular, centrándose en dous casos concretos, o dos concellos de Barreiros (Lugo) e Fene (A Coruña), onde o Partido Socialista realizou “movementos estraños”.

Tamén este sábado, o comité de dirección do PSdeG-PSOE aprobou unha resolución na que ratifica o seu compromiso de contribuír á articulación de “gobernos progresistas” nos municipios galegos onde sexa posible.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here