InicioPolíticaSocialistas e nacionalistas gobernarán conxuntamente en Foz

Socialistas e nacionalistas gobernarán conxuntamente en Foz

Francisco Javier Fanego será o primeiro tenente de alcalde do executivo de Fran Cajoto, e o Bloque levará as áreas de medio ambiente, patrimonio, mar, deporte, xuventude e medio rural

Publicada o

- Advertisement -

O PSdeG-PSOE e o Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Foz anunciaron que chegaron a un acordo para gobernar en coalición o municipio, despois de que nas pasadas eleccións municipais a lista socialista, liderada por Fran Cajoto, superou ao Partido Popular (PP) para converterse na máis votada, e na que a candidatura frontista, encabezada por Francisco Javier Fanego, gañou un edil para sumar tres.

O acordo acadado, segundo informaron os socialistas a través dun comunicado conxunto, “implica un equipo paritario, de consenso, de confianza, un único goberno que dea estabilidade a Foz e permita correxir os erros dos últimos anos”.

Cajoto agradeceu a “confianza” e “lealdade” dos nacionalistas, que chegaron a un acordo grazas a “programas complementarios que non entran en conflito”.

No mesmo texto, o BNG sinalou que o acordo acadado permítelle traballar “polos compromisos que adquiriu con todos os seu votantes”.

Os dous equipos aseguran que están “satisfeitos polo acordo acadado e moi ilusionados” coa nova etapa que se abre para os veciños de Foz. “O noso compromiso é con eles e única forma que coñecemos de traballar é en equipo”, conclúen.

REPARTO DE CONCELLERÍAS

O PSOE ostentará a alcaldía e a segunda tenencia de alcaldía, sendo responsabilidade do BNG a primeira tenencia de alcaldía, con competencias delegadas en medio ambiente, patrimonio, mar, deporte, xuventude, medio rural e coordinación en materia de normalización lingüística.

XUNTA DE GOBERNO

O BNG terá duas concellarías delegadas, correspondéndolle ao PSOE a representación nas outras catro que conformarán a xunta de goberno.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...