PP e PSOE repártense os catro deputados pola provincia; Jaime de Olano será o único mariñao

Os populares gañan en votos (+6%), pero non en escanos; o valadourense César Mogo, dos socialistas, será o único representante da bisbarra no Senado

De Olano, no Congreso. AXM

Os resultados das eleccións xerais na provincia de Lugo, co 100% escrutado, deixan o mesmo escenario que nos comicios do pasado mes de abril, con dous deputados no Congreso para PP e PSOE.

Os conservadores gañaron de novo en votos (co 6% máis), pero non en escanos. Si que se percibe unha tendencia á alza do PP mentres retrocede o PSOE con respecto ás anteriores eleccións, cando houbo un empate técnico, co 33,60% para os populares e un 33,22% para os socialistas.

Resultados na provincia de Lugo. AXM

Deste xeito, novamente, o viveirense Jaime de Olano (PP) será o único deputado da Mariña Lucense no Congreso; polos populares tamén estará na Cámara baixa Joaquín García Díez. Ana Prieto e Javier Cerqueiro serán os representantes do PSOE.

SENADO

No tocante ao Senado, co 99,13% do voto escrutado, entrará o valadourense César Mogo (PSOE). O PP terá tres representantes.

SENADORES/AS CANDIDATURAS VOTOS PORCENTAXE
José Manuel Barreiro Fernández

PP

68.545 39,80%
Rosa María Arza Rodríguez

PP

66.624 38,69%
Manuel Lorenzo Varela Rodríguez

PP

64.723 37,58%
César Mogo Zaro

PSOE

54.095 31,41%

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here