InicioPolíticaO alcalde de Burela aplaude que a repetición electoral sirva para "normalizar"...

O alcalde de Burela aplaude que a repetición electoral sirva para “normalizar” o Concello

Llano prevé que o pleno de investidura se celebre o próximo 7 de decembro

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, aplaude que a repetición das eleccións locais de maio nunha mesa do municipio sirva polo menos para “normalizar a situación do Concello”, dado que o escrutinio da mesa do Perdouro deixou as cousas “exactamente igual” que estaban.

Cunha participación moi baixa, que non chegou nin ao 50% dos 630 electores censados nesa mesa –cuxo resultado de maio foi impugnado pola formación Burela Sempre-, o partido socialista sacou 116 votos, seguido polo PP, con 86; o BNG, con 63; Burela Sempre, con 30; Ciudadanos, con dous, e Vox cun só.

Con eses resultados, a corporación municipal de Burela mantense igual que estaba, con seis edís do partido socialista, tres do BNG e catro do PP, o que abre as portas a un pacto dos partidos de esquerda para garantir a gobernabilidade neste municipio mariñao.

OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS, Á ESPERA

“Temos que pornos a traballar rápido para empezar a facer cousas importantes” no municipio de Burela, dixo o rexedor local, quen confía en “normalizar” canto antes a situación do Concello “a base de negociacións”. Entre “outros asuntos que corren présa”, o rexedor local destacou a necesidade confeccionar e aprobar canto antes o orzamento municipal para 2020.

En canto ao pleno de investidura, subliñou que, previsiblemente, se celebrará o “próximo 7 de decembro”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...