InicioPolíticaO TSXG ordena repetir as eleccións na mesa do Perdouro de Burela

O TSXG ordena repetir as eleccións na mesa do Perdouro de Burela

O alto tribunal estima o recurso de Burela Sempre xa que a tarefa de verificación da Xunta Electoral Zonal "non puido ser desempeñada" no que atinxe a seis votos declarados nulos

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso presentado polo partido Burela Sempre, polo que haberá que repetir as eleccións municipais na mesa do Perdouro 1.5.U do concello da Mariña Lucense, con 630 cidadáns censados.

A formación fundada por Manuel Martínez interpuxo un contencioso por diverxencias sobre os criterios para anular seis votos que poderían outorgarlle un concelleiro en detrimento do Bloque Nacionalista Galego (BNG).

O litixio presentado por Burela Sempre refírese ao décimo terceiro edil do Concello de Burela, alegando que debera corresponderlle á súa candidatura.

RECLAMACIÓN

Burela Sempre argumentou que a Xunta Electoral da Zona de Mondoñedonon puido revisar os votos nulos coa finalidade de comprobar se efectivamente o eran ou, no se caso, algún deles era válido, coa gravidade” que iso implica.

De feito, o partido de Martínez esgrimiu que se algún dos seis votos nulos nesa mesa “fose considerado válido pola Xunta Electoral Zonal, houbese motivado que o concelleiro en disputa se lle outorgase a Burela Sempre, en detrimento do BNG”, polo que reclamou repetir os comicios na mesa impugnada.

Na sentenza, a sala do contencioso do TSXG indica que a formación política recurrente “non puido formular protesta ou reclamación sobre os votos nulos durante o acto de escrutinio”, dado que na citada mesa electoral non había “interventores presentes” de Burela Sempre.

“EVIDENTE IRREGULARIDADE E INCUMPRIMENTO”

Polo tanto, entende que existen “dous feitos cuxa realidade quedou constatada no expediente administrativo”. O primeiro deles é que as papeletas dos seis votos declarados nulos na mesa “non foron remitidas á Xunta Electoral de Zona”.

O segundo é que “se algún dos seis votos nulos se validase” e pertencese a Burela Sempre, esta formación política obtería o concelleiro número 13 da corporación municipal.

Os maxistrados conclúen que se produciu “unha evidente irregularidade e incumprimento” por parte da mesa electoral, que estaba “obrigada a non destruír as papeletas ás que se negou validez, as cales se tiñan que unir á acta de escrutinio e arquivarse con ela, unha vez rubricadas polos membros da mesa”.

Neste senso, apunta que a Xunta Electoral de zona “ten a misión de verificar o control de legalidade do proceso de votación desenvolto nas mesas electorais”, pero neste caso “esa labor de verificación non puido ser desempañada” no relativo a eses votos declarados nulos.

“NON SE PUIDO COÑECER A VONTADE” DOS ELECTORES

Polo tanto, “non se puido comprobar o contido real dos votos nulos” nin coñecer a “verdadeira vontade” dos seis electores que os emitiron”.

En cambio, se un deles houbese sido declarado válido e estivese dirixido á formación política que reclama, engade a sentenza, “alteraríase a composición da corporación municipal, pois obtería un concelleiro en detrimento doutra formación política que perdería”, neste caso o BNG.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...