InicioPolíticaPSOE e BNG cítanse o mércores para renegociar un bipartito en Burela

PSOE e BNG cítanse o mércores para renegociar un bipartito en Burela

A falta de nove días para o pleno de organización, socialistas e nacionalistas adiaron a xuntanza deste martes para consultar unha cuestión técnica

Publicada o

- Advertisement -

O PSdeG-PSOE e mailo BNG de Burela reuniranse o vindeiro mércores despois de que este martes se suspendera a reunión mantida polas dúas forzas políticas para a formación dun goberno de coalición no municipio.

Segundo fontes dos nacionalistas, a xuntanza adiouse a mañá deste mércores para que as dúas formacións poidesen consultar unha cuestión técnica que suscita dúbidas sobre a súa cabida dentro da normativa.

A xuntanza entre socialistas e nacionalistas, que se celebrará a nove días da data estipulada para o pleno de organización, no que se deben establecer as áreas de goberno, será ás 12.30 horas.

As dedicacións do futuro executivo e a contía das retribucións, así como a presenza en órganos como a Xunta de Goberno parecen ser os principais atrancos para o entendemento entre as dúas formacións. Desde o grupo socialista asegurouse mesmo que había un acordo no reparto de áreas de goberno, o que o BNG nega.

Nos últimos días, PSOE e BNG intercambiaron reproches. Os nacionalistas afearon aos socialistas que non houbese unha reunión formal desde a investidura do alcalde, Alfredo Llano, o pasado 7 de decembro, e esixen maior peso no goberno local, descartando un apoio programático, instando a “interpretar os resultados electorais”, que deron un edil máis á formación frontista, mentres que o partido socialista perdeu un concelleiro e a maioría absoluta.

Desde o PSOE negan “pasividade” á hora de retomar as negociacións iniciadas antes da investidura e insisten en que a socialista é a lista con maior representación, reclamando que se manteña a porta aberta a un acordo programático que lles permita, se non se concreta o executivo de coalición, gobernar en solitario.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...