(AVANCE) Adega recorrerá a sentenza absolutoria do goberno de Barreiros

O colectivo ve "eivas" no fallo, que sentaría "un grave precedente" ao "eximir de responsabilidade aos funcionarios e políticos que se amparen no descoñecemento da norma"

Rolda de prensa de Adega. AXM

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), que exerceu a acusación particular no xuízo por prevaricación urbanística en Barreiros, presentará recurso ante a Audiencia Provincial de Lugo contra a sentenza que absolve ao alcalde, Alfonso Fuente Parga, a cinco edís do equipo de goberno de 2006 e á arquitecta municipal.

O colectivo entende que a sentenza ten “eivas” como “derivar a controversia cara unha cuestión técnica“, “outorgar menor valor testemuñal aos técnicos expertos ca a outros que non teñen coñecemento especializado en urbanismo” ou “desprezar a análise doutras accións presuntamente delitivas, como o falseamento das alturas das edificacións para permitir encubertamente unha maior edificabilidade”.

“INSEGURIDADE XURÍDICA”

Sobre as repercusións do fallo, Adega entende que a sentenza, de converterse en firme,  crearía “inseguridade xurídica” e “un grave precedente ao eximir de responsabilidade penal a aqueles funcionarios públicos que se amparen no descoñecemento da norma e nas dúbidas de interpretación legal xeradas pola actuación da Xunta de Galicia“.

1 COMMENT

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here