A Xunta dá luz verde á Pontenova para conceder novas licenzas no polígono industrial

A modificación das normas subsidiarias permitirá a ampliación do parque cara o sur, en espazos que tiñan a clasificación de incompatibles cos usos industriais

Polígono industrial da Pontenova. GOOGLE MAPS

A Xunta de Galicia informou este venres do remate da tramitación urbanística que servirá de base para autorizar a ampliación do polígono industrial da Pontenova.

O pasado 13 de marzo, o Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia publicou a modificación das normas subsidiarias neste ámbito. O Goberno galego asegura que se trata “dun paso decisivo”, posto que desde este momento o Concello xa pode outorgar novas licenzas a empresas interesadas.

Segundo precisa o Executivo autonómico, a modificación urbanística puntual, que afecta a un ámbito dunhas 16 hectáreas, completa a parte urbanizada do parque empresarial da Pontenova, ampliándoo cara o sur en espazos que tiñan unha clasificación incompatible cos usos industriais.

O seguinte paso deberá ser a publicación, no Boletín Oficial da Provincia (BOP), da normativa e ordenanzas da modificación puntual das normas subsidiarias aprobada definitivamente, unha vez inscrita a devandita modificación puntual no Rexistro de Planeamento Urbanístico.

POLÉMICA

O Concello sinalou días atrás que o goberno local fixera “todos os traballos correspondentes para a legalización do polígono” e agardaba o remate da tramitación por parte da Xunta.

O Goberno galego defende que actou “con axilidade” e resalta que a autorización definitiva outorgouse “en oito días laborais desde que tivo rexistro de entrada” a petición do goberno local de modificar as normas subsidiarias.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here