IniciosociedadeA Xunta licita as melloras da vía Landrove-Ferreira e da travesía de...

A Xunta licita as melloras da vía Landrove-Ferreira e da travesía de Alfoz

A Consellería de Infraestruturas prevé investir nos proxectos da LU-161 e LU-160, con prazos de execución de cinco meses, un total de 637.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de licitar no Portal de Contratos de Galicia as obras de mellora na estrada LU-161, que conecta Landrove con Ferreira do Valadouro, ao seu paso polos municipios de Viveiro, Ourol e O Valadouro. O orzamento reservado para esta actuación é de preto de 450.000 euros.

As empresas interesadas en concorrer á licitación teñen de prazo ata o día 27 de maio para presentar as súas ofertas. O prazo de execución das obras será de cinco meses e a previsión é que estean rematadas este mesmo ano.

A intervención consistirá en reparar as partes que presentan deterioro mediante fresados localizados e posterior reposición con mestura bituminosa a carril completo, ao longo de 9,5 quilómetros obxecto de mellora.

Os traballos implicarán o reforzo do firme en varios treitos desta estrada: entre Chavín (á altura do punto quilométrico 2,680) e As Lobeiras -11,130-; e tamén ao percorrido entre os puntos quilométricos 14,990 e 16,000, en Santa María de Vilacampa (O Valadouro).

A estrada LU-161 é unha das principais vías de conexión de Viveiro cos concellos do interior, e trátase dunha vella reivindicación da sociedade mariñá. Os gobernos locais de Viveiro e O Valadouro reclamaron un maior investimento na obra.

TRAVESÍA DE ALFOZ

A Xunta licitou tamén a obra de mellora da travesía de Alfoz, na estrada autonómica LU-160, que conta cun orzamento de 187.000 euros.

Igualmente, o prazo de concorrencia remata o 27 de maio e o prazo de execución das obras é de cinco meses.

O treito de actuación vai dende o punto quilométrico 14 ao 19 e afecta aos concellos de Alfoz e do Valadouro. Na travesía de Alfoz -na Seara– a actuación será completa e incluirá a extensión dunha nova capa de rodaxe con mestura bituminosa en quente en toda a lonxitude (1,1 quilómetros).

Tamén se actuará noutros treitos do percorrido entre Adelán, neste mesmo concello, e Ferreira do Valadouro, realizando fresados localizados nos puntos nos que o firme se atope máis deteriorado coa reposición posterior da calzada con mestura bituminosa a carril completo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...