Campos di que actuou “con rigor” e nega que cometese prevaricación administrativa

O presidente da Deputación declarou este luns en Mondoñedo como investigado tras unha demanda por denegar unha licenza de obras na parroquia pontenovesa de Conforto

Darío Campos. GC

EFE. O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, prestou declaración no Xulgado número 2 de Mondoñedo, en calidade de investigado, por un suposto delito de prevaricación administrativa, como consecuencia da denuncia en relación cunhas obras de saneamento do núcleo rural de Conforto, na Pontenova, concello do que Campos é alcalde.

Campos entrou no edificio xudicial pouco despois das 10.00 horas e, tras declarar ante a xuíza, dixo que ten “a conciencia absolutamente tranquila, deixando claro que as obras se realizaron “baixo o manto da rigorosidade”.

Fontes municipais insistiron en que a denuncia se produciu despois de “denegar unha licenza de obras” debido a que “contaba cos informes técnicos desfavorables da arquitecta”, o que avala a súa actuación.

APRAZADO

Campos, citado inicialmente para prestar declaración o 12 de xuño en calidade de alcalde da Pontenova, pediu un aprazamento para comparecer este luns. Na mesma causa tamén foi chamado como investigado o secretario municipal da Pontenova.

ATRIBÚEN A DEMANDA A MARTÍNEZ

A demanda foi interposta polo polémico empresario Eloy Castro en relación cunhas obras de saneamento do núcleo rural de Conforto, na Pontenova, concello do que Campos é alcalde.

Segundo apuntaron fontes do goberno provincial, Castro é familiar dun membro de Galicia Sempre, o partido de Manuel Martínez, deputado expulsado do grupo socialista en 2018 e que mantivo un enfrontamento con Campos durante a lexislatura. Xustamente, foi o alcalde de Becerreá quen anunciou esta declaración xudicial.

CATRO ANOS DE DESAVINZAS

O deputado non adscrito permitiu seu momento a investidura da alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, despois de que o PSdeG-PSOE decidise non apostar por el para presidir a institución ante o veto do BNG pola imputación do alcalde de Becerreá (o caso foi arquivado en 2016).

Posteriormente, despois de que unha moción de censura levase a Darío Campos a dirixir a Deputación de Lugo, Manuel Martínez rompeu a disciplina de voto dos socialistas en diversas ocasións co que favoreceu, por exemplo, que as competencias sobre as residencias as tivese Suplusa –onde ten maioría o PP–. Todo iso levouno a ser expulsado do PSOE e á súa substitución como vicepresidente provincial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here