IniciosociedadeO Goberno compromete "impulso" para o proxecto de creación de dúas glorietas...

O Goberno compromete “impulso” para o proxecto de creación de dúas glorietas en Cangas

O alcalde de Foz, o socialista Fran Cajoto, pediulle "un pulo" á subdelegada do Executivo central, Isabel Rodríguez, para unha obra que é unha vella reclamación do municipio

Publicada o

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno central, Isabel Rodríguez, comprometeuse co alcalde de Foz, Francisco Cajoto, a impulsar a mellora do tráfico e a seguridade viaria na estrada N-642 ao seu paso por este municipio.

Este foi un dos asuntos que trataron Rodríguez e Cajoto durante a primeira xuntanza que mantivo a subdelegada co novo alcalde de Foz, con quen se entrevistou no consistorio.

O rexedor pediulle á subdelegada que lle dea un pulo ao vello proxecto de creación de dúas glorietas nesta estrada, reclamado polo anterio executivo, que permitan mellorar o tráfico en dúas interseccións desta estrada, concretamente as situadas nos puntos kilométricos 39+910 e 40+970.

Desta maneira conseguirase un mellor acceso aos barrios de Ribela e Gralleira da parroquia de Cangas e melloraríase a seguridade viaria no cruce coa estrada a Ferreira do Valadouro, a LU-162.

MELLORAS NO TRÁFICO E NA SEGURIDADE

Logo da xuntanza, a subdelegada anunciou que se interesará polo estado dun proxecto que o alcalde considera “moi importante”, xa que a creación das dúas rotondas permitirá axilizar a circulación pola N-642 ao seu paso por Foz, así como mellorar a seguridade viaria nestes dous cruces.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...