O grupo Compay Segundo ateiga San Roque e pecha un exitoso Ribadeo Indiano

A comida campestre no Círculo Habaneiro da Devesa e as inmortais cancións do célebre Francisco Repilado clausuraron unha exitosa sexta edición

Público no concerto de grupo Compay Segundo. AXM

O Ribadeo Indiano pechou outra exitosa edición, a sexta, cun multitudinario concerto do grupo Compay Segundo, que -nunha festa dedicada este ano a Cuba– encheu a vila de son e do legado do célebre artista Francisco Repilado, falecido en 2003.

Este domingo, a habitual comida campestre no Círculo Habaneiro da Devesa foi un aperitivo de luxo para o prato forte dos festexos, o concerto do grupo cubano. Cancións tan coñecidas como ‘Chan Chan‘ ou ‘De Camino a la Vereda‘ soaron nunha aitegada rúa de San Roque, a de maior pegada indiana na vila, con varios edificios desa influencia.

BRANCO DOMINANTE

A luz da cor branca dominou Ribadeo durante a fin de semana, con centos de persoas vestidas ao estilo indiano.

CICLO DE CINE E CERTAME DE PINTURA, NOVIDADES

Conferencias, unha xincana, un ciclo de cine cubano, exposicións, visitas teatralizadas, o primeiro certame benéfico de pintura ao aire libre -para recadar fondos para o hospital Hijas de Galicia da Habana- ou o popular Festival de Habaneiras e da Canción Latinoamericana completaron un programa diverso.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here