IniciosociedadeO BNG denuncia que Ril está "parcialmente descuberta" trala baixa dun socorrista

O BNG denuncia que Ril está “parcialmente descuberta” trala baixa dun socorrista

A formación frontista atribúe ao "nulo interese do Concello" que non se substituíse ao vixilante

Publicada o

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) denuncia a falta de socorristas en Burela, un problema que atribúe “ao nulo interese do Concello” en “mellorar o servizo”.

Segundo expón o voceiro do partido frontista, Mario Pillado, o pasado 31 de xullo “un dos profesionais que traballaban nos areais burelaos causou baixa definitiva“, sen que polo de agora o executivo local acadase unha contratación alternativa.

A formación frontista sinala que o Concello non foi capaz de cubrir ningunha das dúas prazas convocadas a través do Plan Único da Deputación de Lugo, “e polo que se ve non ten previsto suplir a baixa que se vén de producir, sabendo que hai profesionais con integrarse no servizo”. Pillado lembrou que no anterior proceso de selección o executivo municipal descartou un socorrista por presentar a súa solicitude fóra de prazo.

O voceiro da formación frontista indica que a carencia de profesionais “reflíctese no servizo, posto que non se van poder cubrir todas as quendas. En concreto, a praia de Ril queda parcialmente descuberta, un feito do que xa nos están a informar os veciños”, sostén Pillado, que agrega que “a xestión neste ámbito é desastrosa”. 

“XESTIÓN DESASTROSA”

O BNG insta ao executivo local a cumprir as súas obrigas malia que goberna en funcións, dado que está pendente a repetición das eleccións municipais nunha mesa do Perdouro por unha reclamación de Burela Sempre. “Non sabemos se pensan que están de vacacións ata que se produza esa repetición electoral, pero a realidade é que deben garantir os servizos polo ben da veciñanza”, remata.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...