IniciosociedadeA Xunta "estudará" manter a aula de infantil de Trabada tras irse...

A Xunta “estudará” manter a aula de infantil de Trabada tras irse unha das familias das vivendas municipais

Coa redución da matrícula de seis a catro nenos, o número de alumnos queda por debaixo da ratio estipulada pola Consellería de Educación

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia “estudará” a situación na que quedou a aula de infantil do Ceip Celso Currás de Trabada, dado que a marcha dunha das familias que aceptara a oferta do Concello para mudarse a ese municipio lucense cos seus fillos, deixa o número de alumnos por debaixo da ratio establecida pola Consellería de Educación.

Unha das dúas familias que viaxou a Trabada para ocupar unha das casas cedidas gratuitamente polo Concello, que ata agora residía en Ferrol, tomou a decisión de non quedarse no municipio, de modo que ao marcharse cos seus dous fillos pequenos, deixou ao aula de infantil con catro alumnos, cando a ratio establece un mínimo de seis.

Ata este municipio, en resposta á oferta “de vivenda gratis” no municipio para familias que tivesen “polo menos dous nenos con idades comprendidas entre tres e seis anos”, chegaron dúas familias; a mencionada, que ía vivir en Trabadela, e outra de Guadalaxara, con tres fillos, que se instalou nunha vivenda en Sante.

SEN “CONSTANCIA DE MODO OFICIAL” DA MARCHA

“Neste momento non temos constancia, de modo oficial, da marcha dunha das familias, que reduciría o número de alumnos matriculados no colexio dese municipio”, dixo o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro. Por iso, aclarou, “tampouco hai unha decisión adoptada en relación co mantemento ou non da unidade escolar infantil nese centro”.

“Estudaremos o tema, que é complexo, porque si se confirmase a marcha desa familia, o colexio quédase con só catro alumnos de infantil polo que non se cumpre a ratio. Nós xa advertiramos de que as solucións de última hora poden non ser efectivas no tempo e hoxe vemos que foi así”, concluíu, segundo informou Efe.

A ALCALDESA PIDE “FLEXIBILIDADE”

A alcaldesa de Trabada, a socialista Mayra García Bermúdez, pediulle ao Goberno galego que fose “flexible” nesta situación, dado que a escaseza de alumnado na aula de infantil “é unha circustancia puntual” no municipio, onde “a natalidade está a repuntar, con 36 alumnos no colexio“.

POLÉMICA SOBRE O ESTADO DAS INSTALACIÓNS

Sobre a marcha desta familia, a rexedora asegurou non ter “comunicación oficial da renuncia”. Os pais si falaron co Diario de Ferrol, onde xustificaron a súa marcha en que a vivenda facilitada polo Concello “non estaba en condicións“.

García Bermúdez non quere entrar en polémicas sobre o estado do inmoble. Si enviou fotografías “para que a xente xulgue por si mesma” a opinión desta familia.

 

A rexedora resalta “o traballo feito” polo Concello, que “pintou as paredes” da vivenda e comprou “mobles e electrodomésticos” traballando “conxuntamente co centro educativo para salvar a aula de infantil, “unha materia, como a educativa, que non é a nosa competencia”.

Aínda que admite que a día de hoxe non hai familias en listaxe de espera para ocupar as vivendas e matricular aos nenos, a primeira edil subliña que o goberno local “está aberto a prestar as vivendas de haber interese e de cumprir as familias cos requisitos de ter fillos en idade escolar de tres a seis anos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...