IniciosociedadeAdrián Ben, cara visible da campaña da Xunta contra a violencia machista

Adrián Ben, cara visible da campaña da Xunta contra a violencia machista

O atleta viveirense e máis Ana Peleteiro mostrarán nas súas redes sociais o respaldo a unha iniciativa do Goberno galego, que quere "aproveitar" a súa "influencia entre os máis novos"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Ana Peleteiro e Adrián Ben, dous dos mellores atletas españois no pasado Campionato do Mundo de Atletismo celebrado en Doha (Catar), ao quedar en sexto lugar nas súas respectivas probas, comprometéronse este venres a participar na campaña da Xunta de Galicia a favor da igualdade e en contra da violencia machista.

PATROCINIO DE 5.000 EUROS

Ambos asinaron un contrato de patrocinio, dotado con 5.000 euros, polo que mostrarán nas redes sociais o seu apoio a esta campaña, exhibirán o logo nas súas pezas deportivas de adestramento e competición, sempre que sexa compatible cos seus patrocinadores principais, e participarán nalgún acto promocional da Xunta, como do da firma do contrato celebrado nesta xornada na sé do Goberno galego en Santiago de Compostela.

Durante a firma, ambos atletas destacaron o seu compromiso a favor da igualdade entre homes e mulleres e mostraron a súa repulsa á violencia machista.

A IGUALDADE “NON É UN DEREITO, É UN DEBER”

Peleteiro, que xa mostrou recientemente o seu rexeitamento á desigualdade e ás actitudes machistas durante o campionato de Doha, asegurou que formar parte desta campaña é “unha honra” para ela; mentres que Adrián Ben indiciu en que “máis que un dereito, a igualdade debera ser un deber“.

A Xunta quixo aproveitar o impacto destes dous novos atletas, de 23 anos Ana Peleteiro (Ribeira, A Coruña) e 21 anos Adrián Ben (Viveiro, Lugo) e a súa influencia nos máis pequenos.

De feito, antes da sinatura do contrato, ambos atopáronse nos corredores da sé central do Executivo autonómico cun grupo de estudantes de 1º da ESO (doce anos) do Instituto Otero Pedrayo, de Ourense, que visitaban as instalacións acompañados polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o vicepresidente, Alfonso Rueda.

FEIJÓO: “GALICIA É TERRA LIBRE DE MACHISMO, SEN MATICES”

Os máis pequenos tiveron a oportunidade de felicitar aos deportistas e intercambiaron inquietudes sobre o atletismo, deporte que algún deles dixo que practica.

Trala sinatura dos contratos, o presidente da Xunta  agradeceu aos dous deportistas que se presten a participar nesta campaña “para erradicar algo irracional e criminal como a violencia de xénero”.

Núñez Feijóo definiu a Galicia como unha “terra libre de machismo, sen ambaxes e sen matizaciones” e asegurou que os homes galegos séntense “avergoñados” ante calquera abuso e, sobre todo, ante os asasinatos ás mulleres, como o ocorrido recientemente en Valga (Pontevedra). “Grazas por estar aquí para dicir Non á violencia machista e Si á igualdade”, concluíu o presidente do Goberno galego.

Ao finalizar o acto, tanto Peleteiro como Ben asinaron unha das camisetas da campaña e regaláronlla a Núñez Feijóo. Nela puxeron o seu nome e debaixo as súas mellores marcas persoais.

No acto tamén estiveron presentes o secretario xeral do Deporte da Xunta, José Ramón Lete Lasa, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...