A FCAM pide “apostar polo noso” e “facer Mariña entre todos” no Nadal

A federación de empresarios anuncia unha campaña coa que quere "visibilizar o potencial comercial e turístico" da bisbarra

Xuntanza da FCAM. AXM

A Federación de Comercio A Mariña (FCAM) lanza unha nova campaña de concienciación  para potenciar as compras no comercio local durante o Nadal.

Desde a FCAM, que congrega ás Asociacións de Comerciantes (Acias) de FozRibadeoBurelaViveiroCovasXoveO Vicedo e Lourenzá, salientan que “o que pretendemos con esta campaña é darlle visibilidade a todas as potencialidades comerciais e turísticas que ten esta comarca. Pretendemos que os mariñaos segan apoiando ao seu comercio, ao que teñen ao carón da casa, a ese que é o que fai pobo. Pero tamén queremos que esta comarca reciba visitantes durante a maior parte do ano. Sempre é un bo momento para achegarse á Mariña, tamén no outono e no inverno, para pasear, para tomar algo, para saborear a súa gastronomía e para mercar no seu comercio”, expón o presidente do colectivo,  José Carlos Paleo.

Paleo fai unha chamada á unión: “é fundamental estar unidos para resistir ás condicións actuais do mercado”. E subliña “a importancia de que todos xuntos e xuntas fagamos Mariña, que apostemos cada vez máis polo que temos na nosa comarca”. A FCAM segue a apostar “polos negocios locais, porque sen eles os nosos pobos non teñen vida”.

A FCAM realizou varias campañas ao longo do ano para dinamizar o consumo na comarca, con campañas como Desvirtualízate ou 1.000 motivos para mercar na Mariña, que acaba de rematar co sorteo realizado o pasado luns na Acia do Vicedo.

5.000 EMPREGOS DIRECTOS

Ademais a Federación de Comercio A Mariña amosou o seu apoio a Alcoa enviando miles de cartas dirixidas ao presidente do Goberno, nas que lle explicaba a Pedro Sánchez que a FCAM “aglutina a cerca de 1.000 negocios e autónomos e 5.000 empregos directos das oito asociacións de comerciantes do norte lucense que a forman” e amosáballe a preocupación pola incerteza que pesa sobre a planta de aluminio de San Cibrao.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here