IniciosociedadeO TSXG pide novos xulgados de primeira instancia para Lugo e Sarria,...

O TSXG pide novos xulgados de primeira instancia para Lugo e Sarria, pero non para Viveiro

O Concello solicitara un novo órgano xudicial despois de que funcionarios alertasen dunha carga de traballo do 215%

Publicada o

- Advertisement -

O pleno da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) aprobou a súa proposta de novos órganos xudiciais na Comunidade galega para este ano. O plan inclúe oito xulgados de nova creación, entre os que se atoparía un do Social para Lugo. Tamén dotaría dun órgano similar á cidade de Vigo e aumentaría en cinco as prazas nas audiencias provinciais.

Segundo informou o TSXG, a proposta reclama para Lugo un Xulgado do Social e outro de Primeira Instancia, así como unha praza de maxistrado/a na Sección Primeira da Audiencia Provincial. A maiores, a proposta tamén inclúe a creación dun Xulgado de Primeira Instancia e Instrución (número 2) en Sarria.

EN TODAS AS XURISDICCIÓNS “SUPÉRANSE OS MÓDULOS DE ENTRADA”

A proposta da Sala de Goberno do TSXG está baseada, principalmente, “nos números de entrada de asuntos que se rexistra nestes órganos xudiciais”, explica o alto tribunal galego. “En todas as xurisdicións ou seccións da Audiencia incluídas na listaxe supéranse amplamente os módulos de entrada establecidos polo Consello Xeral do Poder Xudicial e, na actualidade, case a totalidade están reforzados con comisións de servizo”, advirte o TSXG. O Concello de Viveiro reclamara un Terceiro Xulgado de Primeira Instancia para o municipio despois de que funcionarios alertasen dunha carga de traballo do 215%.

Esta relación será estudada na próxima reunión da Comisión Mixta —formada polo Tribunal Superior e a Xunta— para “tratar de buscar unha proposta conxunta” que será a que se eleve ao Goberno central. Deberanse ter en conta, informan, as unidades que estea disposto a crear en Galicia o Ministerio de Xustiza durante esta anualidade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...