Denuncian que o Sergas obriga a reutilizar equipos de protección no hospital por falta de material

A CIG presentou unha denuncia ante Inspección de Traballo tralos varios positivos confirmados de traballadoras; o Sergas di que se "cumpren estrictamente" os protocolos

Sanitaria atende a unha paciente de coronavirus (imaxe de arquivo). EFE

A CIG Saúde A Mariña esixiu este martes á xerencia do Hospital Público da Mariña a través dun comunicado de prensa que dea “explicacións e asuma responsabilidades -a demisión en bloque da directiva do centro hospitalario de Burela– para garantir a saúde e seguridade das traballadoras”. O sindicato nacionalista presentou unha denuncia ante Inspección de Traballo ao verse as obreiras “obrigadas a reutilizar os equipos de protección individual (EPIs) pola falta dos mesmos”.

O pasado luns trascendeu o positivo de varias operarias da área de medicina interna, ata seis finalmente segundo confirmaron fontes da Consellería de Sanidade. Nesa mesma zona estaba ingresado un paciente que morreu este martes, o primeiro falecido por coronavirus na bisbarra. Deste xeito, son oito profesionais sanitarias, todas empregadas do hospital, as contaxiadas polo Covid-19.

QUEIXAS DO PERSOAL

O sindicato nacionalista faise eco “das queixas recibidas estes últimos días por parte dos profesionais e ante o alarmante incremento de persoal contaxiado polo Covid-19″, que atribúe “á mala xestión” da crise sanitaria.

“É intolerable que a estas alturas, cando a incidencia no noso hospital aínda é pequena, exista desinformación e desorganización na asistencia sanitaria do día a día, e o máximo responsable desta situación é o equipo directivo do centro”, afirma a central, que se pregunta “que pode acontecer nestes días, cando se agarda que o pico forte de Covid-19 chegue a finais de marzo ou xa en abril”.

A CENTRAL ALERTA DE QUE ADVERTIU Á XERENCIA

“Entendemos que estamos ante unha situación nova de emerxencia sanitaria que todos temos que arrimar o ombreiro, iso non significa quedar calados ante a falta de organización e previsión de quen dirixe o Hospital da Mariña, e máis cando xa foi advertido nas dúas xuntanzas do Comité de Seguridade e Saúde e nas reunións coa dirección de que se detectaban erros no protocolo de actuación contra o coronavirus”, explican.

“Quen dirixe o noso hospital non quixo escoitar as traballadoras e tampouco nos quixo escoitar a nós cando foron advertidos de que fallaba a coordinación, os protocolos e que se detectaba falta de material de protección para afrontar a emerxencia sanitaria polo Covid-19. Agora, as nosas compañeiras caen como moscas”, lamentan, para argumentar que “cando se xunta unha crise sanitaria sen precedentes, os recortes dos últimos anos e unha xerencia incompetente, o resultado non podía ser outro”.

INSTA AOS SERGAS A “DITAR POR ESCRITO” ORDES PARA NON DESBOTAR O MATERIAL

“A Xerencia está limitando mediante ordes verbais o uso de equipos de protección e obrigando a reutilizar determinados elementos dos EPIs como as máscaras FFP2 ou as batas impermeables, o que supón multiplicar o risco de contaxio”, denuncian.

“Se deben ser reutilizadas, ben sexan máscaras ou batas (algo contrario a todos os protocolos) e non desbotadas, que diten unha instrución por escrito, explicando os motivos e o protocolo a seguir para que as traballadoras teñan unha cobertura legal ante un uso incorrecto das medidas de protección, xa que nesta crise sanitaria neste hospital danse ordes verbais que non quedan reflectidas por escrito en ningún lugar”, sosteñen.

“Curiosamente, hoxe martes, a Xerencia do Hospital da Mariña e ante a situación alarmante e preocupante do aumento de número de contaxios, mandou usar máscara cirúrxica a todo o cadro de persoal do hospital independentemente de que vai prestar atención directa aos pacientes ou non, namentres até este luns quen ousaba usala era reprendido pola xerencia e cargos intermedios”, afirma o sindicato nacionalista.

A central sindical tamén esixe concretar a dotación de material para os casos confirmados ou sospeitosos: luvas de nitrilo, mascarillas FFP2 e FFP3, batas desbotables impermeables de manga longa e gafas de protección. “Urxe garantir a dotación suficiente destes equipos”, afirman.

A CIG conclúe que a “ausencia da adopción de medidas preventivas específicas, o cadro de persoal está sufrindo unha exposición innecesaria e inxustificable ao propio risco biolóxico, pero tamén unha situación de estrés emocional, ao vérense expostos a un risco grave e inminente ante o que se senten totalmente desprotexidos no ámbito laboral, até o punto de que algunhas traballadoras tiveron que buscar pisos en Burela en autoillarse por medo a contaxiar ás súas familias”.

A MINGUA DE PERSOAL OBRIGA A REORGANIZAR OS SERVIZOS

A Xunta de Galicia respondeu a través dun comunicado de prensa no que sostivo que no Hospital Público da Mariña “estanse a aplicar estrictamente todos os protocolos de actuación establecidos para a atención dos pacientes con sospeita de COVID-19, e para a protección de todos os traballadores, pacientes e usuarios”.

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) manifestou tamén que “estanse a tomar todas as medidas de seguridade establecidas e de prevención de riscos laborais para minimizar os riscos derivados da atención a pacientes sospeitosos. Todos os hospitais contan con plans de continxencia para a asistencia con seguridade aos pacientes”, expuxo, para agradecer “o esforzo do persoal nunha situación extraordinaria”.

A mingua de persoal obrigou a “reorganizar a carteleira de traballo” na área de medicina interna, segundo o Sergas, que remarca que “houbo reforzos” nos días anteriores nesta mesma zona para afrontar a incidencia do coronavirus.

3 COMMENTS

  1. PORTUGAL 24 MORTOS … EXPAÑA 2.700 MORTOS…
    EXPAÑA PUTA MERDA!!!! en Madrid existe un brote de peste neumónica que se esta a propagar por todo o estado a SOLUCION E PECHAR MADRID, e non levar enfermos infectados a Galiza, en Madrid teñen a lo menos 100.000 infectados e o brote de peste neumónica o teñen disperso, teñen que salvar vidas pechando mandriles… MADRID TEN A TASA DE MORTANDADE DE 12,3% E A CHINA BUJAN 4,1% INICIO DO ANDACIO DO SARS-Co V-2 … pechade mandriles e non traidades infectados a Galiza, MADRID LADRONS E SINVERGONZAS NEN OS QUEREMOS NEN OS NECESITAMOS: LEPROSOS!!!

  2. Agardo que os liberados sindicais da CIG e dos demáis sindicatos se poñan a disposición da súa Área Sanitaria para traballar contra o coronavirus

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here